Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As inmobiliarias, sempre a flote

miércoles, 21 de noviembre de 2007
Na épica norteamericana figura unha Molly Brown, resistente e polo tanto triunfadora, da que queda constancia fílmica dunha metafórica flotación por encima de calquera dificultade.

A crise inmobiliaria deste país xurdiu no momento en que os xuros, os intereses bancarios, comezaron a subir rematando a época feliz na que mercar unha vivenda parecía unha necesidade, máis de investimento que por acomodarse fisicamente.

A crise fixo pechar centos de pequenas oficinas, que chamabamos inmobiliarias porque se dedicaban a negocios inmobiliarios, que se apuntaron á fiebre do novo ouro cementeiro sen máis infraestrutura que o ánimo e o ambiente propicio.

O tempo, como sempre, foi poñendo as cousas no seu sitio, e demostrando que aínda sen as alegrías de hai un par de anos o negocio inmobiliario segue, e os donos de solares fan negocio, os constructores erguen edificios, as inmobiliarias seguen levando adiante promocións e os clientes seguen sendo clientes investindo cada vez maiores cantidades de diñeiro en mercar ocos para vivir ou negociar.

Pero as inmobiliarias de verdade, as grandes, as que marcan o ritmo do sector, non só non perderon cota de mercado senón que a acrecentaron, e nos nove primeiros meses de 2007 gañaron un vintetres por cento máis ca no mesmo período de 2006. Entrelas está Fadesa, que obtivo unhas ganancias de cento trinta millóns de euros.

A construcción, dise, é o motor que tira por este país. O sector inmobiliario é parte moi importante deste motor. Se o sector vai ben, todo vai ben. As inmobiliarias flotan, navegamos pois.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES