Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cos brazos sempre abertos

viernes, 29 de marzo de 2019
Dispuxen o texto para ser lido,
persoalmente ou en grupo,
moi amodiño,
en tono de oración e meditación.
En disposición de escoitar a Deus, Pai amoroso.
Con toda a emoción dun pai/nai
que se pon e coloca nesta situación:
Nun intre en que viu ao seu fillo/a en malos pasos
ou nun perigo de vida ou con problemas.

Ti viviches algunha vez isto!
Eu tamén.

Canto doen os fillos!
Seino por vós
Son testemuña.
Vinvos chorar moitas veces.
De rabia, de pena.
Pero tamén de alegría.

Sen dramatismos,
pero con ese corazón,
ha ser pronunciada,
meditada, esta homilía
e toda a liturxia deste Domingo.

É a primeira vez que na nosa igrexa
vai tomar a palabra un pai/nai
para expresar esta realidade.
E iso chámase graza de Deus.
Un signo dos tempos.

É o mellor modo de prepararámonos
para O ENCONTRO PERSOAL, FAMILIAR E COMUNITARIO
CON DEUS QUE NOS VISITA NESTA PASCUA DE RESURRECIÓN.
NESE CONTEXTO
SITUAREMOS AS CELEBRACIÓNS COMUNITARIAS DO PERDÓN
E TODA A SEMANA SANTA
COMEZANDO XA CO DOMINGO DE RAMOS.

Lede primeiro e Evanxeo do Domingo,
Moi amodiño, sen présas.
Entendendo ben todo coa mente e co corazón.
Invítovos a que leades o texto persoalmente,
en privado.
E logo esta meditación, amodiño, en silencio, na casa, a soas,
durante media hora ou o que che apeteza.
Deixando que Deus che fale.

E logo se podedes comentades a experiencia
na tertulia despois da misa
aínda que so sexan por tres minutos.
Veredes que importante resulta este encontro persoal con Deus.
E coa fraternidade entre todos.

Se a experiencia che vale
podes logo imprimila
e invita a alguén que a viva,
sobre todo se o está a pasar non moi ben.

Que deixemos a Deus que resoe dentro de cada un de nós.

Non temos verdadeira experiencia de Deus, gozosa e esperanzada.

Canto nos quere Deus!
Unido a vós,
Eu fareino desde aquí.
Xa o estou a facer agora mesmo.
Que Deus vos bendiza.
Bicos. Xaquín).

TEXTO DA HOMILÍA DE J. A. PAGOLA.
(MEDITACIÓN)

Para moitos, Deus é calquera cousa,
menos alguén,
capaz de poñer alegría na súa vida.
Pensar nel tráelles malos recordos:
No seu interior espértase a idea dun ser ameazador e esixente,
que fai a vida máis amoladora, incómoda e perigosa.
Aos poucos, foron prescindindo del.

A fe ficou así «reprimida» no seu interior.
Hoxe non saben se cren, se non cren ou se deixan de crer.
Ficaron sen camiños cara a Deus.

NON TEÑEN VERDADEIRA EXPERIENCIA DE DEUS

Algúns recordan aínda «a parábola do fillo pródigo»,
pero nunca a escoitaron no seu corazón.
E hoxe Deus invitame a vivir ese encontro persoal.

O verdadeiro protagonista desta parábola é o pai.
Por dúas veces repite o mesmo grito de alegría:

«Este meu filliño estaba morto e volveu á vida:
estaba perdido e atopámolo».

Este grito revela o que hai no seu corazón de pai.

A este pai non lle preocupa o seu honor,
Nin os seus intereses,
nin o trato que lle dan os seus fillos.
Non emprega nunca unha linguaxe moral.
Só pensa na vida do seu fillo:
Que non quede destruído,
que non siga morto,
que non viva perdido
sen coñecer a alegría da vida.

O relato describe, con todo detalle,
o encontro sorprendente do pai co fillo que abandonou o fogar.

Ese podo ser eu mesmo/a.
E eses son os meus.
E o mundo no que vivimos

Estando aínda lonxe, o pai,
sempre agardando este día,
«viuno» vir famento e humillado,
e «conmoveuse» ata as entrañas.

Esta mirada boa, chea de bondade e compaixón é a que nos salva.
Só Deus nos mira así.
«Botase á présa». Ás carreiras!
Non pode esperar!
Axiña!
Non.
Non é o fillo quen volve a casa.

É o pai o que sae correndo
e busca o abrazo con máis ardor
que o seu mesmo fillo.
«Botóuselle ao pescozo e púxose a bicalo».

(Ti tees esta experiencia persoal).

Así está sempre Deus.
Correndo cos brazos abertos cara aos que volven a el.

O fillo comeza a súa confesión:
Quere explicar, e “remendar” como poida o seu desbarate.
Preparouno largamente no seu interior.

O pai interrómpeo para aforrarlle máis humillacións.
Non lle impón castigo algún, non lle esixe ningún rito de expiación;
non lle pon condición algunha para acollelo na casa.

Só Deus acolle e protexe así aos pecadores.

O pai só pensa na dignidade do seu fillo.

Hai que actuar de présa.
Manda traer o mellor vestido,
o anel de fillo e as sandalias
para entrar na casa con honra e dignidade.

Así será recibido, como fillo,
nun banquete que se vai celebrar xa
no seu honor.

O fillo ha coñecer xunto ao seu pai
a vida digna e ditosa que non puido gozar lonxe del.

Quen oïa esta parábola desde fóra,
non entenderá nada.

E seguirá camiñando pola vida sen Deus.

Quen a escoite no seu corazón,
talvez chorará de alegría e agradecemento.
Sentirá por vez primeira
que o Misterio último da vida é:

Alguén, Deus,
que nos acolle e nos perdoa
porque só quere a nosa alegría.

Por primeira vez experimentarei a Deus tan dentro!
Que me entende tanto!
Que me comprende tan fondamente!
E que está do meu lado!
Aínda que eu no o crea!

(O texto é de JOSÉ ANTONIO PAGOLA; a tradución e nota preliminar, de XAQUIN CAMPO FREIRE).
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES