Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A quen recurriremos?

jueves, 01 de agosto de 2019
Se dicimos que a vida presenta moitos problemas…
Ninguén se escandaliza porque hai problemas de todo tipo, para tódalas idades, para tódalas clases sociais e en tódalas latitudes.

Sen problemas non se escapa ninguén.
Certo que cada problema ten a súa solución; pero o caso é dar con ela.
-Cando se nos avaría un coche, acudimos a un mecánico.
-Cando se nos avaría un reloxio, acudimos a un reloxeiro.
-Cando se vai a luz, acudimos a un electricista.
E así sucesivamente…

Hai especialistas en moitas materias.
Si, hai especialistas en moitas materias para solucionar problemas relacionados coa materia ou incluso relacionados coa saúde física ou mental; pero…

A VIDA PODE POÑERNOS EN SITUACIÓNS MOI PERO QUE MOI COMPLICADAS:
-Situacións ante as que non che dá tempo a reaccionar.
-Sutuacións que humanamente non teñen amaño posible.
……
¿A quen recurriremos cando nos vemos ante un problema que humanamente non ten solución?
¿A quen recurriremos se nos vemos sós ante o perigo?
¿A quen recurriremos cando nos sentimos tristes, sós, abandoados, sen axuda humana posible?
……

CANDO UN PROBLEMA NON TE SOLUCIÓN HUMANA POSIBLE:
-De nada nos vale ter moitos coñecementos.
-De nada nos vale ser persoas moi influíntes.
-De nada nos vale ter moitos cartos…

CANDO NOS VEMOS SÓS ANTE UN PERIGO INMINENTE:
-De nada nos vale ter unha familia maravillosa.
-De nada nos vale estar dotados de moi bo forma física.
-Denada nos vale ter unha capacidade intelectual suprema…

CANDO NOS SENTIMOS TRISTES, SÓS, ABANDOADOS DE TODOS, DESPREZADOS POR TODOS…
Podemos encontrarnos ante dúas situacións:
A primeira:
Rendernos, abandoarnos, deprimirnos, desesperarnos, caer na cuneta da vida….
¿Suicidarnos?

A segunda:
Pedir axuda ó Alto, pedir axuda ó Deus Onmipotente, que é AMOR, que é o AMIGO que nunca falla, ese AMIGO que sempre pon alguén ó noso corón para axudarnos a saír do bache.
Porque xa din alí: “Deus apreta pero non afoga”

Coñezo moitas persoas crentes que levan a súa cruz de forma moi diferente.
Se non tiveran fe, resistirían moito menos e levarían de peor maneira os avatares da vida.

A FE É UNHA VIVENCIA QUE NON PODE EXPLICARSE CON PALABARAS.
Hai que vivila.
Para vivila hai que cultivala desde a infancia e ó longo de toda a vida, porque de brote espontáneo pouco ou nada se pode esperar.
Cultivar a FE en Deus non está de moda nos últimos tempos.
Estamos caendo na autosuficiencia.
Eso vémolo todos.
O que non vemos, ou non queremos ver, son os resultados desta vida desenfrenada.

Certo que temos que pensar en avanzar canto máis mellor no campo científico, pero sen esquecer que tamén temos outra dimensión: a dimensión espiritual e a dimensión social.
Debemos cultivar a vida espiritual e ver nos outros a criaturas divinas porque todos imos na mesma barca.

E ante situacións de perigo, todos nos necesitamos.
“PENSAR NOS OUTROS É UNHA NECESIDADE”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
¡Sexa feliz!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES