Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Frei Xosé na Terra Chá

miércoles, 23 de enero de 2008
Parte desta comarca tivo a fortuna de ser guiada por Frei Xosé, o bispo que finou o día 8: Meira, Pol, Rábade, case todo Outeiro de Rei, parroquias de Begonte, Guitiriz, Castro de Rei... E outros, sen ser das lindes diocesanas, tan arbitrarias coma as das outras administracións, fomos acollidos sempre por este pastor, con agarimo. Sabíamos que “o que a boa árbore se arrima, boa sombra o acubilla”. En momentos de treboada, sentimos o seu alento e amparo, e axudounos a seguir navegando no mesmo barco, a pesares das turbulencias, que asemellan querer afundilo, pero con temóns coma el, non hai medo. Non me acae a escrita de circunstancias, a necrolóxica, pero cómpre ser agradecido, cos que deixan unha estela de ben.

Compartimos o seu lema: “Paz e Ben”, o saúdo das súas cartas, en varias xeiras, celebracións familiares e acontecementos públicos. Lembro con devoción, a súa sensibilidade para o patrimonio, que foron legando os benfeitores que crearon comunidade ao longo dos séculos. Coma nunha confirmación, no berce do escritor Manuel María, comprendeu o desacougo do poeta, que non aturaba que a pía bautismal, na que se cristianizaran xeracións de veciñas e veciños de Outeiro de Rei, estivese alí afastada no adro, privada da súa forza simbólica, coma manancial da fe naquel colectivo. Escoitou a denuncia profética daquel home comprometido co pobo, e, axiña, a testemuña en pedra da historia da parroquia foi rehabilitada dignamente. Os dous compartiron púlpito, e sobre todo un aferrado humanismo, no traslado dos restos mortais de Don Xosé Fernández, dende Outeiro ata a igrexa da Milagrosa que el cimentara. Como non adoita acontecer no presbiterio, o sobriño deste, Manuel María, e o Bispo de Lugo, falaron a mesma linguaxe: a que expresa a alma do pobo, sen alleamentos. Frei Xosé pronunciou unha ladaíña, que repito a cotío: “Volcóuse cos pobres. Desprendíase de todo. Dáballe a quen lle pedía esmola. Gracias Señor, porque nestas persoas estase a reflectir a túa vida”.

Entraba no corazón, con estes xestos humanizadores, por iso, o pobo captou a mensaxe, e vive para sempre no medio del. Ningún bispo foi despedido con tanto agarimo nos últimos tempos, quizais o Cardeal Quiroga Palacios, pero noutro marco mediático. O xeito franciscano creou un sentir común, alí onde pousaban as súas sandalias pacificadoras. “!Que fermosos os pés do mensaxeiro...”, cando se sumou aos que protestaban pola guerra de Iraq.

O seu saial, non lle permitía ensoberbecerse con hábitos que se pregan ao poder. Así, no enterro do investigador da historia chairega e crego, Nicanor Rielo, en Arcos de Frades, que fora granxa do Mosteiro de Meira, sincerouse.

Ante cregos e leigos e leigas, das 5 dioceses, e ata da zona galega de Astorga, outra anomalía do mapa diocesano, aseverou con esa dimensión profética da súa pastoral: “Foi un crego que percibiu, con claridade, a íntima conexión que existe entre os pobos e a súa lingua, de tal xeito que sentía fondamente coma o descrédito ou a estimación da lingua ou do pobo, se condicionaban mutuamente. Sabía que honrar e enaltecer a lingua e a cultura do pobo, é honrar e dar prestixio ó pobo que se expresa nesa lingua... Oxalá que a morte de Nicanor nos mova a todos a facer realidade as boas intencións do Vaticano II, sobre o uso das linguas vernáculas e as do Concilio Pastoral de Galicia sobre a liturxia en galego. Oxalá que, a partir de hoxe, mañá, e no futuro, recemos a Deus na nosa lingua coa mesma naturalidade coa que a utilizamos nas nosas conversas cotiás...”. Asemellaba unha reprimenda, se non fose que sempre acompañaba a palabra coa dozura. Pero aquela sementeira, na primavera que abrollaba, segue sen dalo froito debido nas parroquias. Sen dúbida, que a labarada que está a provocar Frei Xosé, liberaranos de tantos complexos e desidias.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información