Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Adeus agradecido e esperanzado para Pepe Leira

lunes, 28 de octubre de 2019
Benquerido Xosé:

A lei da vida é bendiferente dos plans que nós temos trazados. Eras ti, na lei da vida, quen me tiñas prometidas estas palabras.

“Podría cantar los versos más triste esta noche”, dixo Neruda. Os dous temos querenzas por el. Pero hoxe é mellor falarmos desde a gratitude e a esperanza. Porque ambos militamos tendencialmente na psico-socioloxíapositiva por cima do pesimismo existencial.

Quero ir pondo na túa boca palabras moi parecidas a estas que ambos temos intercambiado e nos axudaron en conversas de amizade sincera desde hai máis de cincuenta anos. A forma é unha reflexión moi persoal ao irmos despedindo a tantos amigos, “compañeros del alma, compañeros”.

“Xa sei que é unha faena que vos fago. Pero debo irme. É o meu destino.” Iso nos dixo un moi amigo común.”As despedidas son sempre dolorosas. Supoñen ruptura, rompementos do que máis queremos, alá no máis fondo da alma. Temos de preparalas coidadosamente. E por iso estades aquí todos vós. E agradézovolo.Pero sobre todo temos de prepararnos nós mesmos. E iso é o principal. Xa nada será igual.”

Unha tentación sempre presente, negarse a despedirse.Ou facela cara atrás, cara a un tempo que foi pero xa non é. Ou querer fosilizarnos neste momento presente, tan emocionante, pero que tamén pasará.

Fuxir por medo á realidade é matar a vida. Porque nas despedidas hai vida. Vaia se a hai! Estamos celebrando, ¡celebrando!, que temos vivido e seguiremos vivindo. Tócanos recoller unha vida, canto hai de vida e dinamizala cara adiante.

Toca unha nova vida. Unha vida transformante e transformadora de nós mesmos e dasrealidades e condicións de vida que nos toque ir xestionando. E todo volverá a ser novo.

Hai toda unha conquista. Un novo reto se nos presenta e témolo de loitar. Será sandante e sandador. Todo un desafío: traballar por xestionar ben e positivamente as nosas emocións, os nosos sentimentos, o noso pensar, a nosa fe e a nosa esperanza. Iso foi a túa teima. E fixeches escola. Vaia senón!

Hai toda unha historia persoal e familiar, profesional e de entrega aos demais, que vivimos , que vivín e viviches, da que somos artífices a cotío. Ese é o herdo máis querido que agora nos entregas, querido Pepe Leira, o benquerido e orixinal Cherokee, dos tempos universitarios, e que te acompañará sempre.

E seguirá a xurdir perennemente no renacer cotián dunha semente que xenerosa e tan documentadamente fuches deixando suavemente en nós.

E aparecerá nova vida en todos e para todos. No aquí e no alén.Nunca tan convencido t
e vin coma nese plácido adeus que nos ías dando ao visitarte agora no hospital. Seguías sendo ese referente esencial. Desde as túas matinacións de home sabio, sempre nos convidabas a afondar nos interrogantes da existencia, suxerindo que temos de aprender sempre a descubrirmoso outro lado oculto de todas as realidades. E así sempre aparecía unha vida nova. Agora tamén. Non queiramos sumirnos nin ficar nunca nun recordo paralizante e fatalista. Fuches o home da esperanza.

Compañeiro!, claro que hai esperanza. Seguiremos, sen que a morte nos separe. E, sobre todo, graciñas por todo. Graciñas por ti. Por ternos dado tanto a todos. Polo sorriso e o humor. Pola fidelidade á terra, á fala e á cultura. Pola ironía e a retranca, suxerinte da riqueza do outro lado oculto, que nos leva ás dimensións de horizontes sempre universais.

Grazas pola fe na persoa humana e pola interpretación sempre máis fonda dos fenómenos humanos sen terlle medo a confesar a transcendencia dun Deus amoroso sempre absolutamente Outro.

Aldilà! Adeus, familia, amor, amigos, e queridos todos. Plus Ultra! Así gritaban os mariños de altamar cara a un mundo descoñecido e por teren fe e constancia sempre chegaron. Querémosche, Xosé.

Adeus, amigo, Pepe Leira.Sempre aldilà!
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES