Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todos os camiños levan a Vilalba

viernes, 15 de febrero de 2008
Hai escritores imprescindibles para a vida dunha terra, e para que os seus habitantes se identifiquen con ela.

Aquilino, cando contou como o gran río vai “de fonte en fonte, de monte en monte, de caivanca en caivanca”, escribiu a epopea da corrente que nacendo na serra de Meira chega ó océano dos atlantes para unir “a Galiza e mai-lo Miño”.

Chao Ledo, falando dos “agros inmensos que veñen e van”, levanta acta dos nosos mares de pan, como Carmiña Prieto lle conta a Vilalba como o seu “soberbio castelo seculáreo coróache a túa escelsa e nobre testa”.

Pero é Manuel María quen fai nacer unha patria coa publicación do “Terra Chá”.

Hoxe, ninguén nega que a Terra Chá é moito máis ca unha comarca natural. É unha unidade, definida pola natureza e pola historia, deturpada pola política, que xorde á vida cando Manuel escribe a nosa Biblia.

Antes do Manuel, “Tierra Llana” era unha zona marcada polo Instituto Nacional de Colonización para traer os labregos de Navia de Suarna aillados pola construcción dun embalse, onde -diante dunha visita de Franco- plantaron de noite vizosos repolos que deran idea dos magníficos resultados da política agraria do Réxime.

Tierra Llana comprendía terras de Cospeito e Castro de Rei, que hoxe semellan a Chá máis definida. Pero Manuel marcou límites, explicou razóns, contou como son as xentes, os animáis, as cousas… Nas últimas edicións ata me menciona a min, devoto declarado da comarca que me viu nacer que non fago máis que proclamar as verdades nas que creo.

Se Manuel non tivese publicado o “Terra Chá”, hoxe non seríamos máis ca unha comarca do centro-norte da provincia. Despois do libro do Manuel somos habitantes dunha república literaria, con todos os requisitos para ser nación de lei: Territorio, habitantes, historia, idioma (non esquezamos que o chairego ten vida independente), e unha conciencia social que medra paso a paso, persoa a persoa.

Manuel ven ser o gran profeta da Terra Chá. Nós, só testemuñas, seguimos os vieiros dunha terra na que todos os camiños levan a Vilalba.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información