Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sempre pasa algo

lunes, 10 de febrero de 2020
Unhas veces, sete días dan para moito. Outras veces, unha semana non dá para case nada. Pero sempre, sempre hai algo, sempre pasa algo. Como cando na cerimonia de apertura das Cortes españolas, pasaron ante a familia real os ministros, deputados e Sempre pasa algodemais politiquiños que nos representan. Véndoos pasar vin que en certos aspectos, en certos feitos non cambiamos nada con respecto a tempos pretéritos. No desfile apreciei esa vasalaxe pura e dura daqueles tempos; coas típicas inclinacións de cabeza ou as xenuflexións por parte das mulleres. Un desfile que lle custa os seus cartos ó cidadán. E total só é para chocar mans e case axeonllarse; porque a reata de políticos é tan longa que nin tempo hai para murmurarlle a alguén da familia real unhas palabras. Certo, para que?; chega a xenuflexión para dicir “ós vosos pés, maxestades”.

Nunha semana sempre pasa algo. O gran Donald Trump presentou un plan de paz para a zona da Terra Santa e xusto unha semana despois a violencia entre israelís e palestinos disparouse de tal maneira que... Haberá que esperar, pero isto empeza a cheirar mal. Trump é tan bo estratego que seguro que mirou máis para o seu neno bonito que para os pobres palestinos.

Sempre pasa algo. Ata pola miña cabeza pasaron cousas horribles cando volvín ver o outro día, pola segunda canle da TVE, a película “La lista de Schindler”. Porque vendo o filme, déuseme por cambiar as tornas, é dicir, se en vez de ver ós nazis colocamos así coma quen non quere a cousa a VOX e se en vez de xudeus poñemos inmigrantes? Que vos parece? Semella unha trapallada, pero non a é. E coidadiño, que levamos un ritmo que ó mellor non tarda en producirse ese horrible cambio. Mirade que hai 80 anos que xa pasamos por iso; e aínda hai cunetas que están cheas.

En sete días sempre pasa algo. Ata en Ourense. O alcalde Jácome sabe que para que se fale de Ourense (aínda que sexa mal), hai que facer cousas. Así é que contrata a unha morea ou máis de asesores para que fagan algo e para que, polo menos, sexa a provincia de Galicia que máis ten. Como que o gasto por habitante case quintuplica ó de Vigo, tendo este a tira e máis de xente.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES