Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non todo o mar é deporte

lunes, 10 de marzo de 2008
Os concellos galegos que teñen mar teñen un tesouro a maiores dos do interior. Porque ás indubidables vantaxes da paisaxe, da monumentalidade, da gastronomía, do clima... hai que sumar os efectos beneficiosos do mar nese mesmo clima, os recursos da pesca, a afluencia turística, e quen sabe cantos elementos máis que fan da nosa costa lugar de destino do turismo e das viaxes dos galegos do interior.

A explotación turística dos recursos do mar foi e é obxectivo principal da inmensa maioría dos concellos costeiros, sabedores de que os beneficios son inmensos para todos.

E así proliferaron os portos deportivos, os paseos marítimos, as dársenas, os abrigos... apoiados por unha Xunta que quería abrir Galicia a un turismo con forte poder adquisitivo, baseado no mar, na paisaxe, nos servizos.

Pero chega un momento en que hai que recapitular, e parece ser que esto é o que está a facer a Consellería correspondente da Xunta, para poñer orde
a ese desenvolvemento desenfrenado que sufriu ou disfrutou o noso litoral.

Portos de Galicia está a confeccionar un plan de Instalacións náuticas deportivas, tendo contabilizado ata 122 instalacións portuarias dedicadas ó deporte do mar (o oito por cento das que hai en España), das que vinte son portos deportivos.

Certo que o mar non é só dos pescadores, nin dos turistas, nin dos deportistas. O mar é de todos. E porque así sexa hai que loitar. Que esta acción de Portos de Galicia sexa entendida, asumida e apoiada por todos, é un paso adiante da maior importancia, do que todos nos imos beneficiar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Loitando contra da crise: As autoridades económicas, os entendidos na materia, os implicados, saben p...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información