Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Predícame, frade

martes, 11 de marzo de 2008
Por un oído me entra, e por outro me sae, dicía o vello refrán galego, quizais para expresar a lonxanía existente entre o predicador e o que escoltaba, lonxanía no status social, na cultura, e ata no idioma porque os frades predicadores, os predicadores en xeral, misaban en latín e predicaban en castelán.

O da misa en latín foise amañando, daquela que os cregos –de acordo co Vaticano II- comezaron a mirar ó pobo, e a misar na lengua propia do país, que daquela era aínda somente en castelán.

E ahí nos quedamos, hai corenta anos. E ahí seguimos. Porque o galego na liturxia aínda é cousa dunha minoría cualificada de cregos convencidos de que a Deus tamén se lle pode rezar en galego. E seguro que a nós, os galegos, nos escoita de mellor gaña no noso idioma propio.

Sinal de que o tema preocupa, mesmo dentro da Igrexa, é a Instrucción que ven de dar o arcebispado de Compostela instando ós cregos a que utilicen o idioma galego na liturxia, entre outras recomendacións en materia de fe e de costumes, ou de costumes da fe.

Está ben o do galego, porque ata agora na Igrexa o do noso idioma é como unha batalla perdida. Hai en Galicia capitais onde non hai misa en galego. O que debera avergoñar a alguén ou a moitos.

Non dicimos que o arcebispado estea avergoñado. Pero sí preocupado. E eso está ben. A ver se vale de algo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información