Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Feira do libro en Cuba

miércoles, 12 de marzo de 2008
Celebrouse en Cuba unha feira do libro na que a presencia galega debeu ser apoteósica, a dicir das crónicas e os comentarios dos participantes. Pero dentro de Galicia a feira tivo unha resoancia especial, porque ninguén se ocupou de explicar axeitadamente esta aventura cultural en terras que en tempo foron galegas.

Foi nutrida a participación de escritores, artistas, militantes culturais, que ó volver falan do entusiasmo dos cubanos diante do libro galego e do libro en xeral, da necesidade que tiñan e teñen de achegarse ó noso mundo especial do que teñen noticia polos seus devanceiros, do que saben polas lendas urbanas que os vellos galegos foron contando sobre o que ocorría naquel lugar da punta occidental de Europa de onde unha vez viñeron ó Caribe.

Aquí só se fala de diñeiro, do custo, de máis dun millón de euros investidos nunha aventura americana da que falan os participantes pero non o fixo a conselleira organizadora de xeito que se enterasen no Parlamento, nos medios informativos, na xeneralidade do país.

Hai que convencer informando. Non se pode dicir que os que critican este investimento estean en contra da cultura galega e do libro editado en Galicia.

Faltou información previa e faltaron “observadores” doutras forzas políticas que pudieran ser testemuña do impacto galego nesta Cuba nosa no momento tan especial que está a vivir.
A próxima feira, que nolo conten antes para facernos á idea e saber o que se quere facer.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Loitando contra da crise: As autoridades económicas, os entendidos na materia, os implicados, saben p...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información