Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Maquillar a información

lunes, 24 de marzo de 2008
Se a imaxe vale máis que mil palabras, ¿por que algúns medios maquillan a palabra pero non a imaxe?.

Os medios gráficos, televisións ou xornais, amosan as imaxes máis crudas nos sucesos luctuosos, e un cadaver sen cubrir no medio da estrada, ou un regueiro de sangue na beirarrúa, teñen garantido lugar de honra á hora de contarnos a cruda realidade, impactando en roxo e morte nas nosas pupilas.

Non pasa o mesmo coa palabra… Cando hai uns días os etarras asasinaron a Isaias Carrasco, nunha avanzada informativa de Radio Nacional, escoito que a filla que presenciou a súa morte, nun comunicado lido coa maior enteireza chamoulles ós terroristas “hijos de puta”, na máis directa denominación dun desalmado aínda que analisada a frase non responda ó significado. A ninguén pode extrañar unha expresión así como mínimo desafogo.

Pois nos informativos posteriores eliminouse a frase cun empalme de son ostensiblemente burdo. O mesmo ocorriu con algunhas televisións. Coñecendo o contido, sabía a vergoña aquela poda inmunda.

Noutra televisión escoito á rapaza dicir que os terroristas “no tienen cojones”. Quedei abraiado por esa outra “maquillaxe” informativa sen dúbida para non ofender ós benpensantes e benfalantes, cando o que verdadeiramente nos ofende é a morte alevosa; o terror.

En fin, que para coñecer a declaración íntegra da rapaza tiven que ler ó día seguinte La Voz, que a publicaba na segunda páxina.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información