Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Política por minutos

viernes, 28 de marzo de 2008
Se algo lle pertence a un político é a opinión manifestada coa palabra; a idea plasmada na expresión verbal que se formula con liberdade no lugar chamado a ser pronunciada.

Un deputado en Cortes falará no Parlamento, un ministro no Consello, un deputado provincial na correspondente corporación, e un concelleiro, sexa do goberno ou da oposición, no salón de plenos da Casa do Concello.

Do poder que emana da figura do alcalde, na súa arte ou ciencia para gobernar os usos da palabra, na súa man esquerda en tratar ó colectivo, radica o éxito do traballo municipal.

En Vigo vaise poñer en práctica un novo sistema, que nos medios informativos ven funcionando, pero que nun concello terá que ser comprobado. Os concelleiros poderán falar un máximo de dez minutos na primeira intervención, cinco para o turno de réplica, e tres para pechar o tema, e cando o tempo remate o micrófono do seu escaño deixará de funcionar.

O equipo gobernante, dupla política de consenso, está de acordo no tratamento; a oposición, considera dictatorial a medida. O último pleno durou nove horas, deste xeito agardase gañar en axilidade.

Se se prepara axeitadamente un tema, dez minutos dan para moito e un bo orador pode arrebatar coa súa palabra. Claro que bos oradores, oradores en fin, hai moi poucos en política, entre outras cousas porque o sistema non se presta.

Velaquí a política por minutos. Logo pode vir a política a distancia, por intermediación, ou virtual.

A medida pode acortar a duración dos plenos. Pero só eso. Non os vai mellorar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información