Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aínda hai poucas mulleres

martes, 08 de abril de 2008
Os tópicos din de Galicia que sempre foi un matriarcado, porque a terra é maternal, porque os homes íanse á emigración ou ó mar e as mulleres quedaban á fronte da familia como “viuvas de vivos e mortos”, como denunciou Rosalía.

A muller en Galicia, por riba dos tópìcos, está conseguindo situarse nun lugar de paridade, aínda que o proceso leva tempo e moitos esforzos. Pero todo chegará. Mesmo na política.

Resulta que no Parlamento galego as mulleres aínda son minoría, representando somente un trinta e tres por cento dos escaños, o que coloca a Galicia no segundo posto por abaixo en canto ás comunidades autónomas xa que somente Navarra cun trinta e dous por cento presenta peor porcentaxe.

Todas as demáis comunidades teñen máis adiantado o proceso de igualdade, e as listas foron xa confeccionadas tendo en conta a paridade desexada, cousa que cabe supor se consiga en Galicia o próximo ano cando se celebren as que serán disputadísimas eleccións autonómicas para a constitución dun novo Parlamento.

Vimos dun longuísimo tempo no que a muller non tiña presencia na sociedade, onde todo o protagonismo quedaba para os elementos masculinos da familia aínda que estivesen menos dotados intelectual ou laboralmente que as mulleres.

Aínda hai poucas mulleres na política galega, e as alcaldesas son minoría nun mar municipal masculino. Na medida en que esta situación mellore (as próximas eleccións serán definitivas) progresaremos, normalizarémonos, e poñeremos máis racionalidade (“sentidiño”, chamámoslle os galegos) na nosa vida política cotián.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Loitando contra da crise: As autoridades económicas, os entendidos na materia, os implicados, saben p...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información