Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Comprar diñeiro

miércoles, 23 de abril de 2008
O negocio dos bancos é comprar e vender diñeiro, negociar con quen ten aforros pagando un aluguer ou xuro, e prestar ós que o precisan gañando unha sustanciosa diferencia que fai das entidades bancarias negocios habitualmente por riba de calquera crise.

As cantidades que bancos e caixas de aforro pagan ó mercar diñeiro eran en tempos desorbitadas, chegando ó dez por cento nos anos setenta e oitenta, co que os cretos cedidos a consumidores e investidores tiñan xuros hoxe inasumibles que chegaban e superaban o vinte por cento anual.

As novas tendencias económicas suavizaron as cantidades pagadas polas entidades, suavidade que repercutiu nos cretos e esto fíxonos soñar cunha época dourada e clara na que todo investimento, todo negocio, toda adquisición estaba ó alcance da nosa man.

Os rumores de que determinadas entidades tiñan dificultades para conseguir facilitar ó cliente o diñeiro preciso en cada momento menudearon, e á vez que se endureceron as condicións para obter un creto, as entidades procuraron solucionar as súas carencias acudindo ó mercado e pagando maiores intereses polos novos depósitos, ben superiores ó que ata moi pouco cobraban polos cretos.

O mercado funciona porque está vivo. Se os aforradores entregan os seus aforros ás entidades crediticias gañarán máis polo seu diñeiro, pero tamén estas entidades poderán atender as necesidades dos seus clientes non impedindo o avance dos investimentos ou do consumo.

Parece que non hai mal que por ben non veña. Se o mercado funciona, todo o entramado social funciona. Neste caso, se os bancos conseguen máis diñeiro, todos contentos, e -aínda que sexa moito máis caro- iremos saíndo pouco a pouco do escuro burato onde se supón que estamos metidos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información