Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Escolares itinerantes

jueves, 24 de abril de 2008
Alcaldes, pais de alumnos e alumnos do país estanse a manifestar contra unha medida que os distancia dos centros de ensino porque ó pecharse ciclos de Eso en determinados colexios os alumnos deberán recorrer máis kilómetros ó día para acudir ás súas clases.

É comprensible o sentimento dos pais dos alumnos, das autoridades municipais e dos mesmos alumnos porque, ó distanciarse as clases, os rapaces van necesitar máis tempo diariamente para viaxar ós centros, asumiranse máis riscos polo feito de viaxar en estradas non sempre nas mellores condicións, e funcionará un xeito de desarraigo en canto ós seus lugares de orixe porque os rapaces asumirán que a súa vivenda está aínda máis lonxe da cultura, do progreso.

É comprensible a postura das autoridades educativas que procurarán racionalizar os medios existentes, axustar as necesidades ás posibilidades, e procurar resultados óptimos en base ás posibilidades reais que acaban sempre cuantificándose en investimentos económicos.

Pero falta unha terceira postura, na que se teñen que valorar por parte de todos, especialmente do estamento educativo, as especiais características do sector no que se está a traballar, os dereitos á educación por igual de todos os rapaces, a preferencia da educación dos estudiantes por encima de calquera outra valoración, especialmente de tipo económico.

Facer itinerantes ós escolares non é solución. Seguro que as autoridades educativas teñen perfectamente planificado o sistema, con arreglo á Lei e as posibilidades de personal e medios. Pero ten que haber unha nova vía que non perxudique ós nenos, ás familias, ós concellos e ó sistema.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES