Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Como romanos

viernes, 25 de abril de 2008
Esta fin de semana, como Presidente do Orfeón Lucense, tocoume recibir a embaixada romana que visitou Lugo para participar -coro Ars Nova da capital italiana- no IX Encontro Internacional de Música Sacra.

Chegaron de Roma a Compostela, nun deses voos que agora son máis asequibles ca unha viaxe en autobús, e disfrutaron escoitando que Lugo era unha cidade romana, que Roma asoma cada vez que buscamos no sochán, que somos tan romanos coma eles.

Recibiunos no Concello un tanden municipal feminino -Sonia Méndez do PSOE e Cristina Ares do PP- que nos deron un bo exemplo de excelente relación da que poden aprender os seus compañeiros e xefes masculinos.

En tanto, numerosos lucenses (entre os que estaba o alcalde e a vicepresidenta da Deputación) recorrían a pe o tramo recuperado da vía romana que hai dous milenios ía de Braga por Lugo a Astorga, comprobando unha vez máis que as “obras de romanos” -vía, termas ou muralla- perduran por séculos.

Os romanos fóronse felices desta cidade romana, e convidáronos a ir a Roma para reafirmar a relación. Parece seguro que en 2009 repetiremos o monumental triángulo desta fin de semana: Lugo-Córdoba-Roma.

De Lugo a Roma hai moito menos distancia da que adoitamos pensar. En tempos, foron o mesmo. Este sábado, pola música, foron irmás. Só falta devolverlles a visita e confirmarnos na historia e na actualidade que eles son coma lucenses e nós coma romanos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información