Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Personaxes medievais (III)

jueves, 08 de mayo de 2008
Personaxes medievais das Terras de Pallares (III)

O CONDE RODRIGO MUÑIZ

Era fillo do conde Munio Rodríguez, descendente da familia fundadora do cenobio de Santa María de Ferreira de Pallares, e da súa primeira esposa, Ximena Ordóñez. Por parte paterna, os seus avós tamén pertencían á nobreza: o conde Rodrigo Romáez e a condesa Elvira Rodríguez. Foi pai da condesa Maior Rodríguez, quen, segundo Salazar Acha, contraeu matrimonio con Fernando Núñez, e avó da tamén condesa Fronilde.

Nun diploma do século XIII, no que se cita a descendencia do conde fundador de Santa María de Ferreira, don Ero Fernández, dise que o conde Rodrigo Muñiz e a súa media irmá Elvira Muñiz- filla esta de Munio Rodríguez e Aldara Velázquez-, xunto co seu marido Paio Gómez de Carrión, decidiron meter orde no mosteiro e cedérllelo aos monxes coas súas propiedades: “meteron orden en este moestero de Ferrera de San Beyto et testaron allos monges o moestiro cum suas herdades et cum seu couto et cum suas criazones” (AHN, Clero, Lugo, Ferreira de Pallares, 1096/21).

O novo ideal de perfección do home desta época, que busca a salvación na guerra contra os infieis e no rezo dos freires, así como a presión dos bispos e do mesmo Papa sobre este tipo de abadías, nas que as familias propietarias se preocupan basicamente do seu proveito material, deixando á marxe a regra monástica, debeu ser o motivo polo que os donos se desprenden dos seus bens entregándollelos aos monxes.

Segundo describe Jaime de Salazar no seu rigoroso estudo sobre os descendentes do conde Ero, o conde Rodrigo Muñiz morreu en 1086 na batalla de Sagrajas ou Zalaca, preto de Badaxoz, que supuxo a derrota dos exércitos casteláns de Afonso VI fronte aos almorábides, polo que a cesión definitiva aos monxes tivo que realizarse inescusablemente antes desa data (SALAZAR ACHA, J. (de): “Los descendientes del conde Ero Fernández, fundador del monasterio de Santa María de Ferreira de Pallares”, en Museo de Pontevedra, vol. XLIII, páx. 74).
Vázquez García, Carlos
Vázquez García, Carlos


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Distincións municipais: Hai corporacións que non saben o que teñen entre mans. Por eso non imos poñ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
Oferta Presencia Web
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información