Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O medo aos nosos medos

jueves, 08 de mayo de 2008
Os tempos de agora non son moi doados e coido que os vindeiros non sexan mellores ante tanta globalización do capital e cada vez menos do social. Isto repercute no significado real de palabras como: traizón, desconcerto, humillación, loucura, soidade, tristura, mentira, desconfianza e medo; todas elas atópanse hoxe máis ao orde do día que fai vinte anos.

De todas esas palabras o medo domínao todo. Grazas ao medo fan de nós o que queren, limitan as nosas conciencias ata perder o criterio propio. A solidariedade, o orgullo, a dignidade xa non existe. Só existe o medo.

A cotío están as “caixas tontas”, as radios e os medios escritos a meternos o medo no corpo á maioría do persoal. Os que fomentan este pánico (capitáns “democráticos” que levan este navío chamado planeta) son os que máis medo real teñen e con elo xustifican leis e accións aberrantes dándolle unha capa de verniz como se foran xustas e democráticas.

Este planeta xa non é o que foi desde aquel 11S do ataque ás Torres Xemelas, o medo apoderouse de nós e con elo xustificouse a barbarie; comezouse a matar mosquitos con escopetas. Coido que algún día teremos a verdade sobre este atentado, agora sábese que do informe gobernamental algúns investigadores atoparon 115 mentiras. O importante para os capitáns dos navíos “democráticos” naqueles intres era fomentar o medo.

O gran escritor Eduardo Galeano falaba do medo cunhas verbas que me impresionaron, comentaba: “A democracia ten medo de lembrar”.

Coido que nós temos o pánico de descubrir a verdade por medo aos nosos medos.
Cardalda, Teo
Cardalda, Teo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Descontos, rebaixas e igualdade no comercio : A calquera partidario do libre comercio podería parecerlle o máis natural do...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información