Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Domesticar alcaldes

lunes, 12 de mayo de 2008
Que o poder municipal é o primeiro en relación cos cidadáns, é plenamente certo non só pola cercanía física senón polos temas que os concellos teñen como competencia, os de primeira necesidade para os seus vecinos.

Pero as institucións municipais non teñen nos presupostos os fondos necesarios para cubrir esas necesidades, polo que precisan doutras institucións para que con eles colaboren e entrelas consigan que os fins se cumpran.

Hai numerosas institucións que poden colaborar cos concellos, destacando a Xunta de Galicia como titular do poder autonómico, as deputacións provinciais, o goberno do Estado, ademáis doutras institucións específicas ou as que reciben fondos de Europa para conseguir nivelar a situación desta terra co promedio das rexións que pertencen á Comunidade.

A Xunta de Quintana, como administración colaboradora cos entes municipais, asinou convenios con varios concellos de Galicia para a consecución de “galescolas”, sen dúbida interesantes para a formación dos máis pequenos. Oito concellos resultaron respondóns e protestaron polas condicións en que se lles planteaban os correspondentes convenios, o que mereceu do Vicepresidente de Igualdade e Benestar a anulación dos convenios por medio de cartas personalizadas. Tres destes concellos rectifican as súas críticas para non perder a oportunidade de conseguir “galescolas” para as súas demarcacións.

Quizais Quintana pensa que gañou unha batalla, pero non é así. Rectificando – “e pur si muove” – os alcaldes vencen. Diante da forza, dan marcha atrás. Pero o gobernante autonómico deixou ver un talante que non admite unha crítica, e eso non é bo para el nin para a institución que cogoberna.

Domesticar alcaldes non é boa política. Vencer alcaldes non é unha victoria para un goberno autonómico. Se esta é a política de Quintana, mala política é.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O papel da policía municipal: En Galicia e fóra da nosa terra, teñen aparecido casos que poñen en cuestió...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información