Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cumprir cen anos

martes, 20 de mayo de 2008
Todos aspiramos a cumprir cen anos, aínda que esa cifra non sexa ningunha garantía. Poden ser cen anos de amizade, de relación, de fomento da convivencia; ou cen anos mirándose o embigo, coidando ser o centro do mundo, sen ver que hai moito mundo máis aló.

Eu teño a teima de chegar ós cento cinco anos e farei todo o posible por conseguilo. Anos de visión, non de cegueira.

Cumprir cen anos pode ser un logro vexetativo, tirando polo folgo que da estar situado nun outeiro no que coidas ser torto no país dos cegos.

Cumprir cen anos pode ser o resultado de respirar sin compartir ese respiro; de aspirar sen respectar aspiracións; de empuxar o propio carro de lixo ignorando a carga que se transporta. Tirando do folgo, un pode vivir cen anos.

Arredor de un poden ter chegado vinte tsunamis, ver esmorecer a Monarquía, chegar a República, o Alzamento, a Postguerra, o Franquismo, a Transición... De novo, a Monarquía. Democrática. Se eu tivese nacido en 1908, en febreiro tería cumprido os cen; pero como fun quinto do 68 sen ir á Mili, cumprireinos en 2047, se Deus quere.

Faranme festas e homenaxes pois crerán que estou vivo. Pero non estarei vivo se durante os meus cen anos só fun unha máquina.

Se cumpro así os cen anos, serán cen anos de soedade. Porque cumprir anos así non significa nada se non teño un corazón que latexe en sintonía coa xente de meu. Tentarei cumprir ben- cen anos, e logo xa pedirei.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información