Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xesús Rábade Paredes

jueves, 29 de mayo de 2008
O sábado, no Día da Mancomunidade da Terra Chá, hai unha homenaxe ao poeta Xesús Rábade Paredes, ao que, no 2006, Xermolos dedicou os XV Encontros na Terra Chá, no seu berce, Seixas de Cospeito. Xuntanzas para coñecer mellor a traxectoria vital e creativa de mulleres e homes que están achegando o mellor, a engrandecer coa súa arte a Chaira. Matinamos que lendo ou contemplando a obra que sae das súas mans e imaxinación, arrequentamos o corpo e o espírito pola fortuna de ver a luz primeira, ou medrar, nesta paisaxe. Algunha daquelas intervencións, publícase agora no libro Labras do oficio, que abrollou daquela calor e amizade. O autor, xa nos axudara a sentir esta terra con máis emoción nos seus libros, na liña de afondar na realidade a través da palabra: poesía, ensaio, narrativa, artigos xornalísticos... Desfrutamos da súa lírica, na que tamén transmite as luces e as sombras do devir do pais: emigración da xente moza, desfeita da paisaxe con novos usos do territorio, o desarraigo, etc..., porque no seu estilo emerxen as inquedanzas, os salaios, as teimas do pobo.

Nesta festa presentouse o daquela último libro, Os anos da memoria, un sinal máis da súa urdime coa Terra, ateigado das ensoñacións desta cultura natural e labrega, depositaria da Galiza verdadeira e da súa infancia: “Cando nacín xa viña ulindo a terra./ Pariume a nai, coitada,/ non ben pousou no chan un feixe de herba”. Debuxounos as esencias da xente chairega. O seu sentir das persoas, coma integrantes da terra, con ese protagonismo social e cultural, de poder transformala con dignidade.

As asociacións atopamos en Rábade, unha referencia exemplar para ficar no compromiso co país, dende esta comarca. En Xuntos cara o mañán (1969), descubrimos que o seu sentimento da terra, era unha chamada a comprometernos co noso chan, o soño e a vontade dunha Galiza dona do seu propio destino, A terra prometida. A súa paisaxe, asemade, transmite os latexos das veciñas e veciños que sucan a Chaira, co son do vento e o alento dos devanceiros. A visión da realidade que deita a obra é tan veraz, que enxerga esa capacidade de mobilizar, para loitar por unha sociedade solidaria e xusta. As súas propostas estéticas e temáticas, xeraron este monllo de poemas, creacións plásticas e musicais, crítica literaria, glosas..., que afondan aínda máis na súa andadura vital.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información