Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Turismo en baixa

viernes, 30 de mayo de 2008
Galicia retrocede no campo turístico pola baixa que experimentamos en bandeiras azuis, e esto é algo que non podemos permitirnos, sexa de quen sexa a culpa. Haxa ou non culpables.

As bandeiras azuis son como trofeos que esgrimen os nosos areáis diante do mundo enteiro, presumindo de limpeza, salubridade, calidade de augas, accesibilidade, información ós usuarios... As mellores superficies naturais teñen a bandeira azul como o que é, unha enseña que proclama sen palabras a idoneidade do lugar para abrirse ó turismo de todo o mundo e ser, polo tanto, especial lugar para o lecer.

Galicia en 2007 tiña 127 bandeiras azuis (119 praias e 8 portos). Este ano, 105 (101 praias e 4 portos). De ser a primeira comunidade española en bandeiras azuis, pasamos ó segundo lugar despois de Cataluña. De nada vale saber que as condicións de concesión este ano son máis duras, que as precipitacións influíron, que no País Vasco teñen seis menos, en Andalucía trece e en Valencia sete. Murcia ten dúas máis, Baleares catro e outras catro máis Cataluña.

Non é que por ter menos bandeiras azuis vaian vir a Galicia menos turistas, pero sí é un retroceso en cando á propia consideración e á consideración que sobre nós se ten polo mundo adiante.

O turismo como fenómeno de masas, como o interese que unha comunidade desperta no exterior, depende de centos de factores, de innumerables aspectos cos que os visitantes sintonizan, pero do mesmo xeito que o fenómeno funciona na súa maior parte por inercia sen que os organismos competentes na materia teñan moito que ver directamente na súa evolución, un retroceso coma este é imposible de valorar no momento e desde aquí. Pero elementos coma este, pequenos detalles descuidados, poden ser graves. Teñámolo en conta.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Loitando contra da crise: As autoridades económicas, os entendidos na materia, os implicados, saben p...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información