Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Personaxes medievais (V)

jueves, 19 de junio de 2008
Personaxes medievais das Terras de Pallares (V)

FERNANDO MUÑIZ/MUÑOZ


Este magnate medieval foi fillo do conde Munio Fernández e bisneto do tamén conde Munio Peláez, da liñaxe dos fundadores do mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares. Irmán de Paio Muñiz, casou con Tareixa Rodríguez, sendo pais de Munio, Rodrigo, Maior e Elvira Fernández (AHN, Clero, Lugo, Ferreira de Pallares 1096/21; tamén, AHN, Clero, Lugo, Catedral, 1328, A/18).

En 1204 aparece desempeñando o cargo de tenente das terras de Monterroso nunha transacción de herdades que o matrimonio formado por María Muñiz e Pedro Rodríguez cambian con Fernando Muñoz, e que figura nun diploma de Ferreira: “Fernandus Munionis tenente Monte Roso” (AHN, Clero, Lugo, Ferreira de Pallares, 1082/20).

Catro anos máis tarde, nun pergameo que recolle a venda dunha herdade que Pedro Ibáñez e a súa irmá Aldonza realizan en favor do presbítero Pedro no lugar de Zaíde (Zolle), ocupa o cargo de tenente de Pallares: “F. Munionis tenente paliaris” (AHN, Clero, Lugo, Ferreira de Pallares, 1082/21).

Ao ano seguinte, en xaneiro de 1209, reaparece como tenente de Monterroso noutra venda situada en Alvarín (Castelo de Pallares), que Fernando Arias e a súa esposa outorgan ao matrimonio formado por Pedro Muñiz e Mariña Fernández: “Fernandus Munionis tenente Monterroso” (AHN, Clero, Lugo, Ferreira de Pallares, 1082/22).

En 1219 volvémolo atopar ocupando o cargo de tenente de Pallares e do couto de Ferreira, que un século antes fora doado por Afonso VII aos monxes: “Fernandus Monici tenente Paliares et cauto de Ferera” (AHN, Clero, Lugo, Ferreira de Pallares, 1083/8), cargo no que continúa noutra venda realizada en xuño de 1227: “tenente [...] Palaris Fernandus Munionis” (AHN, Clero, Lugo, Ferreira de Pallares, 1083/21).

En 1223, o matrimonio dóalle ao mosteiro de Ferreira o hospital de Vilanova de Negral, na actual parroquia do Pacio (Friol), polas súas almas e as dos seus pais, e coa condición de que reciban alí aos pobres e peregrinos, proporcionándolles lume, auga, vestido, cama e esmola (AHN, Clero, Lugo, Ferreira de Pallares, 1083/12).
Vázquez García, Carlos
Vázquez García, Carlos


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información