Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Subdesenvolvemento fiscal

viernes, 20 de junio de 2008
Procedemos de tempos nos que os concellos contaban con recursos económicos misérrimos, e todo o que excedese minimamente dos gastos cotiáns resultaba prohibitivo como non fose coa axuda doutras administrcións.

Mellorou a situación, pero non tanto, e os concellos galegos presentan ingresos moi febles en relación con outros similares doutras autonomías, e por riba esfórzanse menos en cobrar ós morosos.

Subir os impostos nun concello non é doado para ningunha administración municipal, polo impopular que resulta unha acción así. En tanto, os custos aumentan, os servizos son cada vez máis completos, e a administración local galega languidece en espera de mellores tempos económicos.

Porque, segundo un informe que ven de ver a luz, estamos subdesenvolvidos en canto ó funcionamento das facendas rurais, peor cando máis pequeno sexa o concello, e a mesma filosofía municipal imperante impide que se acometan as medidas precisas para remediar esta depauperada situación económica.

É unha asignatura pendiente, e os concellos agardan polas mans milagrosas do Estado ou da Xunta, cargadas de donativos para os temas máis diversos. Mentras sexa así, mentras se agarde por dádivas ou subvencións, pouco teremos que facer.

Os alcaldes deben calcular, programar, e regularizar os impostos municipais. Pode ser un problema ó comezo, pero os resultados previsibles compensarán este esforzo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Loitando contra da crise: As autoridades económicas, os entendidos na materia, os implicados, saben p...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información