O meu garrido agasallo para todos os galegos
martes, 25 de mayo de 2021
Cos 84 agasallos
Xa cumpridos
Amigávéis,
Pracenteiros,
Variados,
Agradecidos,
Eu quixera
agasallar
aos meus irmáns
da Galiza
benqueridos.
Aos que con amor
e ledicia
na vida
sempre, sempre,
noite e día,
me acompañan
sen medida.
A miña razón vital
E as riquezas da miña vida
son horas de clarexar.
Oitenta e catro cumpridos.
E chega a hora de testar.
Sen tardar!
Mentres conserve os sentidos.
Sen enredos mentireiros,
De toda a miña herdanza
Quero declarar moi gozoso
O legado de máis honra:
A FALA DOS DEVANCEIROS.
De toda a nosa facenda
O meirande capital
sempre será da Galiza
opatrimonio espiritual.
Eu así volo transmito.
Axudei a facela grande.
Coidei dela con fachenda
Tentei facela presente
De palabra e por escrito.
E agora,
aínda con un gran despexo,
con moito e sumo respecto,
sen pretender amolarvos,
ouso expresar un desexo:
En todo tempo e lugar,
Sen xenreiras,
sen enfermizos
complexos
Que nos sintamos honrados
De estudar e usar a lingua
E gozar dos seus feitizos.
Pois daquela!
Canta sorte!
Canta honra!
Abofé!:
Outros oitenta e catro anos
nun povo normalizado,
en convivencia gozosa,
con decisión e afouteza,
sen fanatismos arcaicos,
inútiles e desfasados,
saibamos todos concordes
en amigável consenso
con moito amor polo noso
defender este legado,
con asertividade e firmeza
con confianza e con fe.
A decisión está ben pensada
E é segura.
Hoxe renovo o meu voto:
84 novas fidelidades
e agradecementos
para a nosa lingua e cultura
galegas.
Ben esperto!
Non a cegas!
Canté!
Sexa así,pois!
Xaquín Campo Freire
20.05.2021.
Campo Freire, Xaquín
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora