Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mulleres porque si

martes, 01 de julio de 2008
Sobre a igualdade ten habido moita máis literatura que accións concretas; infinitamente máis. Porque sempre é moito máis doado predicar ca dar trigo, como o veterano refrán proclama.

A igualdade da muller co home supón que o xénero feminino pode acceder a todo tipo de traballos que o home desempeña, mesmo aqueles nos que a forza física xoga papel principal, xa que a forza ou a maña non son potestade exclusiva de ningún xénero.

Que lonxe aqueles tempos nos que a prensa nacional ofrecía imaxes de mulleres de máis aló do telón de aceiro desempeñando tarefas que se supoñían non eran propias de mulleres: barrendeiras, canteiras... E sen embargo aquí podían ser labregas, mariñeiras ou maleteiras; eso si eran traballos femininos.

A Consellería de traballo anuncia o comezo dun curso de “operadora de maquinaria de escavadora” en Becerreá, dentro da campaña “Muller porque si”, campaña que forma pavimentadoras, azulexadoras, electricistas, canteiras, carpinteiras, albanelas, axustadoras e outras especialidades varias nas que ata agora os homes tiñan primacía, exclusividade.

Pois a exclusividade acabouse, e suponse que a primacía tamén porque a muller en canto entra nun determinado sector, con tesón e traballo, acaba dominándoo.

“Muller porque si”, é unha campaña xeitosa. Quizais habería que cambiarlle o nome polo de “traballadora porque si”, ou conqueridora, ou vencedora. É cousa dos xenes. Ou do xenio.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES