Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xullo

martes, 01 de julio de 2008
Xullo, mes de Santiago, mes da sega no vello calendario agrario, é o sétimo do ano. Os romanos déronlle este nome ao mes en lembranza de Xulio César (alcumado O Galaico por cegar nas súas campañas bélicas ata este recuncho do noroeste), entre outras cousas reformador do calendario que pasou a chamarse xuliano, vixente ata o século XVI.

Tempo de veraneo e escapadas ás praias ou ás sombras das fragas. Areais inzados de senté a torrarse ao sol. Continúan a celebrarse curros e rapas de bestas polo país adiante: en Amil, Sabucedo, na Curota, en Candaoso… Rolda de romarías e festas. Nun poema adicado a este mes, Díaz Castro, o poeta de Guitiriz escribiu:
Polos días do Carmio a festa chega ao río.
Unha música ardente ven no aire como un río
De recordos. Foguetes lonxanos can no río.

As festas son innumerables. Citemos algunhas, as máis sonadas. O oito é a Santa Isabel en Outeiro de Rei, na carballeira sombriza ao pé do Miño. U once é o San Bieito, fundador da orde benedictina (os monxes negros do “ora et labora”), patriarca do monacato europeo, atribuenselle poderes sanadores. Por terras pontevedresas é padroeiro de varios concellos e dedicanselle varias romarías como ben acredita o seu abondante folclore:

San Benitiño do ollo redondo
Hei de ir alá miña nai se non morro
Hei de levar unha bota de viño
E un moletiño de pan pró camiño

E de todas elas ninguna como a de ribeira do Lérez:
Se vas ao san Benitiño
Non vaias ao de Paredes
Quel hai outro máis milagreiro
No conventiño de Leres.

O dezaseis, O Carme celebrase en vilas mariñeiras: Camariñas, Sada, Marín, Vilagarcía… procesións marítimas e danza de arcos nalgunhas. Os pesqueiros de baixura adórnanse de flores e bandeiras e enchen as cubertas de parroquianos a acompañar a Virxe polo mar. Ven logo a Santa Mariña, disque avogosa dos sordos e do pan ben feito, festexada na parroquia noiesa de Obre, en Teo, As Neves, Xinzo, Cambados… Aínda que o seu santuario é nas Augas Santas, perto de Allariz, venerada onde os antigos adoraan as ninfas da auga, e onde o pobo recompuso as estaxes do seu martirio.

O vintecinco é o Santiago, día mayor de Galicia, día nacional ou da patria galega. Festa rachada e manifestacións cívicas en Compostela. Festa tamén en ducias de parroquias: Padrón, O Burgo, Lesa, Cereixo, Ois, Ameixenda, Franza, Adragonte… Remata o mes co San Pantalión e a Santa Marta de Betania (irmá daquel Lázaro volto á vida), celebrada na vila de Ortigueira, na parroquia bergondesa de Babío, un dos grandes outeiros mariñáns, e en Ribarteme, a onde se ofrecen os que estiveron en perigo de morte e acoden á procesión das mortallas, se atopan caro que os leven, nun cadaleito a medida.

Agardemos tempo soleado e caluroso, aínda con néboas de mañanciña. De auga nin gota, para facer bo o dito “Polo San Bieito, rega a eito”. Que o calor non nos deixe, para que “polo Santiago comence na viña a pintar o bago”.
Torres Regueiro, Xesús
Torres Regueiro, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Loitando contra da crise: As autoridades económicas, os entendidos na materia, os implicados, saben p...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información