Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rezarmos xuntos e rir en común

lunes, 19 de julio de 2021
A escena está cargada de tenrura. Chegan os discípulos cansos do traballo realizado. A Rezarmos xuntos e rir en comúnactividade é tan intensa que xa «non atopaban tempo nin para comeren». E entón Xesús failles esta invitación: «Vinde a un sitio tranquilo para descansarmos».

Os cristiáns esquecemos hoxe con demasiada frecuencia que un grupo de seguidores de Xesús non é só unha comunidade de oración, reflexión e traballo, senón tamén unha comunidade de descanso e goce.

Non sempre foi así. O texto que segue non é de ningún teólogo progresista. Está redactado alá polo século IV por aquel gran bispo pouco sospeitoso de frivolidades que foiAgustín de Hipona.

«Un grupo de cristiáns é un grupo de persoas que rezan xuntas, pero tamén conversan xuntas. Rin en común e intercámbianse favores. Están chanceando xuntas, e xuntas están en serio. Están ás veces en desacordo, pero senanimosidade, como se está ás veces con un mesmo, utilizando ese desacordo para reforzarmossempre o acordo habitual.

Aprenden algo uns dos outros ou o ensinan uns a outros. Botan de menos, con pena, aos ausentes. Acollen con alegría aos que chegan. Fan manifestacións deste ou outro tipo: faíscas do corazón dos que se aman, expresadas no rostro, na lingua, nos ollos, en mil xestos de tenrura».

Talvez o que máis nos sorprende hoxe neste texto é esa faceta duns cristiáns que saben rezar, pero saben tamén rir. Saben estar serios e saben chancear. A Igrexa actual aparece case sempre grave e solemne. Parece como que os cristiáns lle temos medo á risa, coma se a risa fose signo de frivolidade ou de irresponsabilidade.

Hai, con todo, un humor e un saber rir que é signo máis ben de madureza e sabedoría. É esa risa do crente que sabe relativizar o que é relativo, sen dramatizar os problemas sen necesidade.

É unha risa que nace da confianza última nese Deus que nos mira a todos con piedade e tenrura. Unha risa que distende, libera e dá forzas para seguirmos camiñando.

Esta risa une. Os que rin xuntos non se atacan nin se fan dano, porque a risa verdadeiramente humana nace dun corazón que sabe comprender e amar.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES