Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Medio século de Bágoas da Terra

viernes, 08 de agosto de 2008
        Viveiro é testemuña do miragre que se chama “Bágoas da terra”. Leva cincuenta anos disfrutando del, presumindo del, axudando á súa consumación permanente e á consolidación dun grupo que se naceu dentro dunha organización, conseguiu logo a independencia e marchou firme polos camiños de todo o mundo levando o nome de Viveiro ata os confíns máis lonxanos.

        Bágoas da terra é un miragre que se retroalimenta. Posto que naceu, camiñou. Posto que se independizou, trazou novos vieiros. E seguiu camiñando e marcando novas metas que conseguir, cada vez máis difíciles, cada vez máis lonxanas, cada vez a máis alto nivel.

        Bágoas xa tiña formado miles de viveirenses, xa tiña feito de Viveiro unha cidade cultural, xa tiña paseado por Europa os sons e as cores do folclore viveirense, cando xurdiu un desafío definitivo. Era a Mostra Folclórica Internacional que cada ano enchería Viveiro de aires doutras terras, precisamente das terras invadidas antes ou despois polas cores, as voces e as xentes de Viveiro.

        E pasan os anos e medran os grupos e o seu nivel, e aumentan os días, e faise máis complexo o programa. A Mostra alcanza consideración e respecto, e axudan institucións gobernadas por persoas de todas as cores políticas. E os viveirenses senten como súa esta anual celebración que ateiga a praza Pastor Díaz e todas as rúas do contorno.

        Nos case trinta anos que levo colaborando con Bágoas da Terra puiden comprobar a irmandade desta xente, o seu temple e traballo,  a fe no que fan, as gañas de facer, a forza que os anima. E sempre Maricarmen, Maricarmen Chipe, marcando o rumbo, inspirando todo, animando todo.

        Este 2008, a Mostra Folclórica Internacional de Viveiro cumpre trinta anos; Bágoas da Terra, cumpre medio cento. E hai que celebralo. E celébrano, celebrámolo, con traballo entusiasta, cunha Mostra aínda máis grande, cun libro que é unha xoia e será perfecta tarxeta de presentación a cada lugar onde chegue.

        Bágoas, con estas celebracións, acredita veteranía e mocidade, experiencia e ilusión, responsabilidade e ledicia. Son trinta anos de Mostra e medio século de existencia como agrupación cultural ó servizo de Viveiro.

        ¿Como se pode ter cincuenta anos e á vez ser rapaza na flor da idade?. Con entusiasmo, traballo, convicción; con ideais, forza, unión; sendo de Viveiro, e chamándose “Bágoas da Terra”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información