Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En Lugo contamos o cine por semanas

miércoles, 27 de agosto de 2008
      Comezamos a contar en 1979, cando o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá organizou a primeira Semana Internacional de Cine de Autor. E seguiu, ano tras ano, ata 2008 no que se celebrou a semana número trinta.

        Comezamos como un experimento, e gustounos. Porque os lucenses reaccionaron diante deste e posteriores experimentos con entusiasmo. E acudían ó cine maiores e pequenos, especialmente os nenos, que ese foi o caldo de cultivo do que obtivemos os magníficos resultados presentes, xa que os nenos de outrora son agora pais que veñen cos seus nenos a experimentar de novo aquela maxia da súa nenez.

        Os idus de setembro son bos para o cine e para Lugo. Eliximos setembro porque en setembro comeza todo despois das vacacións do verán, porque inmediatamente despois está o San Froilán, a festa das festas, a que para Cunqueiro era a festa máis fermosa do outono galego.

        Comeza o curso, o cine é unha provocación cultural, e Fonmiñá é o catalizador necesario para que a reacción se produza, e os lucenses atopan diante de si medio cento de producións cinematográficas, exposicións, libros, catálogos, vellos prospectos, lucenses do cine... ledicia en fin, derivada do pracer que produce a festa da imaxinación, da creación, da vida. Que o cine é a vida plasmada nunha sucesión de imaxes sonoras arroupadas por música, para facernos pensar, para facernos sentir, para facernos saber que podemos ser moi diferentes, podemos ter ilusións, podemos ser felices grazas á arte sétima, inocua adicción, especial frescura, máxica idea plasmada en celuloide ou en calquera outro soporte que nos fai vivir, revivir, infinitas vidas.

        En Lugo contamos o cine por semanas e levamos trinta. Trinta semanas de cine de autor, dirixidas por Manuel Curiel, organizadas polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, nas que colaboran todas as institucións implicadas nesta arte –Xunta, Deputación, Concello, Xacobeo, Caixa Galicia, Universidade-Campus de Lugo e Galicia Digital - e nas que participa entusiasmado todo Lugo.

É unha inmersión da cidade do cine, é unha invasión da cidade polo cine, é unha paixón contaxiosa e contaxiada... Só é unha semana ó ano, pero –para os cinéfilos- ¡que semana!. Continuará.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información