Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Antoloxía

miércoles, 17 de septiembre de 2008
O dúo musico-vocal “Chingla e Salva”, focense ó cincuenta por cen, acaba de ampliar a súa nómina de compoñentes formando o quinteto “Antoloxía”. Tres novos elementos, de contrastada calidade musical e humana, pasan a completar un conxunto que está a colleitar grandes éxitos nas súas actuacións polos escenarios de toda Galicia.

Xavier Alonso, “Chingla”, é o mariñán da formación; focego de nación e de corazón, que se iniciara na actividade musical da man do gran pianista Enrique Paisal, co-fundador de “Os Tamara”, comezos que logo Xavier seguiría en orquestras e grupos de sona internacional, aínda que as dotes e a vocación para a canción xa agromara nel de moi rapaz, pois como dí o vello proverbio “de raza lle ven ó galgo”.

A nova agrupación acaba de sacar á rúa un disco; unha escolma de música e poesía, pois trátase dunha ducia de poemas de Rosalía de Castro, Curros Enriquez, Celso Emilio Ferreiro… musicados a maioría deles por Prudencio Romo, excelente músico e prolífico compositor, principal promotor de Os Tamara, do que foi o seu director musical.

Na carátula do disco a que aludimos dise que “este primeiro traballo titúlase “Vai por ti, Vello”; alcume do gran artista Pucho Boedo. Él, con Prudencio Romo e todos os compoñentes das distintas formacións do grupo Os Tamara musicaron grandes obras da lírica galega para elevar a nosa lingua ós mais altos escenarios da música popular. Iste album, cheo de ilusións, permítenos aportar un graniño de area á cultura do país en forma de cancións que lembran o orgullo de sentir e cantar a Galicia”.

A gravación é pois unha homenaxe a Pucho Boedo, o mítico intérprete da canción galega que encetara a súa vida profesional con Os Trovadores e Os Satélites, ambas da Coruña, pero que acadaría o cénit da súa carreira con Os Tamara, conxunto co que chegou a actuar na prestixosa sala Olimpia de París, a carón das que eran as grandes figuras europeas da canción melódica: Charles Aznavour ou Jacques Brel.
Contaba P. Romo que a primeira peza que gravaron foi “Miña terra galega”. A discográfica esixíu que para evitar o fracaso se incluira na cara B unha en castelán. Así se fixo con “Gibraltareña”; o éxito daquéla foi tal que despois só quería música galega…
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información