Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tránsito outonal

miércoles, 17 de septiembre de 2008
Todo aloumiñado da actualidade Steiner, Telecinco e Mondariz. Sen decatarnos do tránsito, da fugacidade dos significados, das verbas que rebentan os sentidos.
Da paisaxe.

Paisaxe tinxida de cores sepia, de luces que esvaran nos brazos, que reflexan a inconsciencia, a inevitable forma de asentir.

Tránsito, palabra que soa a cadencia rota, a agardando resposta. A cartas que non se escriben, ás que non chegan, a verán detido nalgún punto desta páxina;
e soa aos teus ollos ou ao teu sorriso,
á suspensión da memoria esgrevia,
a intre detido nos meus dedos.

Tránsito a cafetarías de cisternas escangaxadas e tazas precoces anunciando brétema, orballo, tráfico inflamado de transeúntes precipitadamente atravesando días dilatados de pupilas húmidas.

Tránsito, adiantando o frio intenso que semella saír dunha nada tremendamente enorme, tránsito a estradas tinxidas de choiva:

imaxes fermosas para os poemas.

No telexornal outra muller apegada ao chan da súa casa. Outro morto de patera. Sen retinas de estacións.

Café cargado e voltar á rutina e olvidar todo.
Ferreiro, Cristina
Ferreiro, Cristina


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información