Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lengua azul

jueves, 25 de septiembre de 2008
Temíase a chegada da “Lengua azul” como non hai moitos anos se temía a chegada da peste porcina africana que obrigaba a pechar feiras, a inmobilizar gandos e aplicar rigurosos controis e sacrificio de animais.

Ata agora só Asturias, Cantabria, País Vasco, Cataluña e Aragón se viran afectadas nas súas cabanas gandeiras pero a aparición da enfermidade en granzas de Barreiros, Lourenzá e A Pontenova, na comarca lucense limítrofe con Asturias fai que Galicia quede xa afectada pola enfermidade e que o gando galego non poida ser enviado a ningunha autonomía non afectada para evitar a propagación da enfermidade, aínda que non é contaxiosa pero se transmite por virus entre rumiantes, especialmente en ovellas pero tamén en gando vacuno.

En Galicia, prevéndose esta chegada, comezouse a vacunar a cabana gandeira pero ata o momento non chegan as vacunadas nin ó dez por cento (112.000 reses) do case millón e medio existente no país. O remedio que queda é controlar os animais, desinsectar establos, desinfectar animais, e control sanitario exhaustivo.

Certamente, a vacunación de animais puido terse efectuado con antelación, aínda sabendo que vacunar toda a cabana gandeira galega é un traballo de xigantes e os medios son sempre limitados.

De todos os xeitos, lonxanos aqueles tempos do peche de feiras e férrea limitación de desplazamento de animais, cómpre por parte da Administración divulgar o alcance da enfermidade, os seus efectos no gando, a súa inocuidade para o consumo e todo aquelo que nos poida preocupar a nós e ós que saben que a cabana gandeira galega ten importancia vital e sona nacional pola súa calidade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información