Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os irmáns Suárez Picallo

martes, 30 de septiembre de 2008
A miúdo sentimos a chamada de colectivos das distintas comarcas, que nos convocan a participar dos seus latexos, alí no seu propio terrón. Motivados por esa historia vizosa que son as asociacións de base. Este ano, o noso norte, foi en varias xeiras, Sada.

Onde, Díaz Castro, o poeta de Guitiriz, coma arestora, moitas e moitos chairegos, ía aos baños, nos seus tempos mozos, á casa dunhos parentes. O noso obxectivo foi diferente. Quixemos participar activamente no “Ano Cultural Irmáns Suárez Pícallo”, e fomos coñecendo as entranas do Ateneo de Cultura Política e Social, fundado no 1935, entre outros, por Xohán Antón Suárez Pícallo, unha fervenza de iniciativas, que dinamizaron todo o contorno. Este líder sindical, foi asasinado polos represores o 12 de agosto do 36, xunto con outros compañeiros. O seu irmán, Ramón, foi un dos políticos máis decisivos na República. Deputado con Castelao e Otero Pedrayo, e coma eles, un dos mellores oradores a prol de Galiza. Emigrante moi novo, ata que se entregou xenerosamente á súa vocación política. Despois tivo que exiliarse, e traballou intensamente cos emigrantes, moitos da Chaira. Sempre escoitamos deles palabras de encomio cara este xornalista. A súa vida exemplar foi unha referencia para xeracións de bos e xenerosos. Por iso, Xermolos, dentro das actividades que está a desenvolver para facer memoria daquelas Mocidades Galeguistas de Bos Aires, abriu unha exposición sobre estes dous irmáns, cedida polo Concello de Sada. Foi o seu alcalde, o pontés Abel López Soto, o encargado de pronunciar a conferencia inaugural na Casa das Palabras...

Aínda estamos a punto de poder descubrir os tesouros que engrandeceron a vida destes dous homes comprometidos co país. O 14 de outubro, asistiremos á volta dos restos mortais de Ramón, dende a Chacarita de Bos Aires, onde tamén fora soterrado Castelao, ata o mausoleo construído polo escultor Valdi, na Sada natal. A exposición é unha mostra da dignidade dunha familia que soterrou as fotos, a documentación deste parlamentario, nunha caixa..., na horta da súa casa, para que non fose ultraxada e destruída, por xente infame que quere borrar páxinas da nosa historia. Grazas a esta sabiduría popular, hoxe podemos acariciar e emocionarnos con estas testimuñas. Alfonso Blanco Torrado
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información