Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Plenos municipais

jueves, 30 de octubre de 2008
En Vigo, restrinxen o acceso ó salón dos plenos, controlando e identificando as persoas, para evitar incidencias como a sufrida días pasados cando unha viguesa interrumpeu o Pleno municipal e se enfrontou ó Alcalde.

A decidida viguesa formaba pate do grupo de afectados pola depuradora de Vigo, que presentes no último plenario do concello, interrumpeu a celebración abordando o alcalde, calificándoo públicamente de “robot” e “Robocop”, por estimar que non toma en consideración os problemas que se están vivindo na zona onde funciona a depuradora.

Pouco despois, a increpante manifestaba que tampouco era delito parar un pleno durante dez minutos, xa que só pretendía entregar un escrito relativo ó problema que os aqueixa.

Confróntanse aquí dous dereitos que non teñen porque ser contrapostos: O dos vecinos, de vivir tranquilos nas súas vivendas. A institución, de que ninguén interfira no seu funcionamento. E aquí os intereses colisionaron con perxuicio para a institución, perxuicio no que non ten moito que ver a duración do problema senón o problema en si.

Un Pleno municipal é sagrado, e debe ser respectado polos concelleiros e polo público. O desenvolvemento está regulado, e todo o que interfira é impropio e punible.

Ben farán en Vigo en controlar o desenvolvemento dos Plenos en evitación de que a situación se deturpe, pois algo que empeza así pode dexenerar en algo verdadeiramente grave.

Queda o feito como un grave antecedente que non pode repetirse, por ben da institución e da cidade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES