Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Non afogaron as espiñas a tenrura'

lunes, 12 de septiembre de 2022
Hai un certo pesimismo xeral na poboación: Covid. Volcán. Inflación. Guerra. Refuxiados. Queixas reiteradas contra empresas que xestionan mal certos Xeriátricos e crean acoso psicolaboral, mobbing, contrado persoal traballador e que repercute logo na capacidade e na calidade de atención aos nosos anciáns por falta de medios de diversas crases, etc. Incluso hai un medo inducido cara ao futuro. Que mundo!

E el non haberá tamén algunhas noticias positivas que sementen alegría e confianza nas persoas e para a sociedade en xeral?

Como eu xa son maior non podo delongar de min cada mañá o canto e ansias de Labordeta: "Habrá un día en que todos al levantar la vista, veremos una tierra que ponga libertad. Hermano, aquí mi mano, será tuya mi frente, y tu gesto de siempre caerá sin levantar huracanes de miedo ante la libertad".

Non. Non quero darlle a razón a P. Neruda: "Podría cantar los versos más tristes estas noche". Prefiro con moito esta outra poesía: "Os días, cos seus gozos e as súas penas, deixaron, ao pasar, marcas na i-alma. Igualciño ca os nosos pés que deixan no camiño as súas pegadas. Abrollaron nas silveiras do camiño pequenas flores brancas de esperanza e non afogaron as espiñas a tenrura, nacida do amor que as chamara".

Teño unha teima educativa, tipo Paulo Freire. Hai moito tempo que vou gardando en "mis documentos" do ordenador persoal "pequenas flores brancas de esperanza", que me dean motivos abondo para crer que nas silveiras dos nosos camiños hodiernos seguen abrollando pequenas flores de vida que serven a cotíopara afirmarme e axudar aos outros a cantar: "Fuxan os ventos dos agoreiros. Temos futuro temos, mañán". (Fuxan os ventos).

Esa esperanza utópica é a realidade que eu recollo cada día da prensa local, galega, española e universal. E isto tamén é realidade, da de verdade. Non son as fake news, noticias falsas, falseadas ou bulos de contido seudoperiodístico para meternos medos e crear escravos.

Vexamos a primeira. É destes días. "Comeza setembro e o curso académico". E os nosos rapaces, mozas e mozos, entran todos xa de novo e puntais para as aulas este xoves. Que ben! Non si? Isto é un gozo inmenso! Non é unha rutina. Haberá problemas, seguriño. Pero a nosa estudantina toda e os escolantes van teroutra oportunidade de afirmareno desenvolvemento integral das súas persoas. Para non seren escravos!

E esta outra noticia recollina en xullo. Paréceme excelente. Gardeina precisamente para agora para resaltala: "El alumnado gitano de Ferrol y comarca ha obtenido por segundo año muy buenos resultados a través del programa "Promociona +", de la Fundación Secretariado Gitano -FSG-, con la ayuda del área municipal de Benestar Social del Concello ferrolano. Está dirigido a estudiantes. En esta edición, del total de doce alumnos y alumnas que formaron parte del programa del curso que acaba de concluir, todos menos uno seguirán adelante con los estudios. La mayor parte de los chicos y chicas participantes consiguieron no solo sacar adelante el año académico aprobando todas las asignaturas, sino que han conseguido buenas calificaciones. Es mucho de valorar porque "han logrado superar barreras y obstáculos a lo largo de todo el curso, tanto en lo social como en lo académico". "Un alto porcentaje de los jóvenes gitanos que han alcanzado el éxito son mujeres, entre ellas Silvana y Andrea, de 18 y 19 años, respectivamente, ya han dirigido su camino hacia la Formación Profesional de Grado Superior." (Diario de Ferrol, 09/07/2022). Excelente!

E hai que animalos. Xa que todos, nenos do noso rural, fillos das crases humildes, paios, xitáns, barriadas pobres, estranxeiros, ucraínos, etc., teñen moitas cousas en contra. E nós precisamos saber econvencérmonos que nin todo é como o vemos nin como nos parece. "Abrollaron nas silveiras do camiño pequenas flores brancas de esperanza e non afogaron as espiñas a tenrura, nacida do amor que as chamara". Co pesimismo non imos a ningunha parte. Hai un psicólogo, R. Santandreu, que nos di: "Nos meus desafíos e problemas están as miñas oportunidades". Non llelas afoguemos!
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES