Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carta a Ofelia de Piñeiros-Narón

jueves, 15 de septiembre de 2022
15-09-2022
"Quem quer dizerquanto sente
Ficasem alma nem fala".

(Fernando Pessoa)

Queridísima Ofelia:
Eu non son Pessoa. Pero ti es Ofelia. E a ti querémosche todas e todos. Pero neste intre as nosas palabras fican abondo pequenas.

Acabo de recibir a noticia. Triste. Pero temos a inmensa riqueza e aalegría do que foi e supuxoa túa vida que agora moita dela xa está repartida non sabemos en cantas situacións e vidas ás que ti aportaches alegría, bondade, cariño, ánimos e solucións de todo tipo incluso material, pero en silencio e con discreción exquisita, como tifuches efixeches sempre.

E está o teu labor a nivel social, cultural, educativo, comunitario,asociativo, político, recreativo, etc.

Tiñas un humor excelente e unha capacidade de acompañamento verdadeiramente empático e sempre eminentemente positivo.

En ti temos un exemplo eximio a seguir nas nosas maneiras de darlle un auténtico sentido á vida.

Unha vida de entrega e bondade, de amor e paciencia, de sorriso e esperanza. Onde ti estabas había alegría serena e imprimías confianza na existencia.

Levabas Galiza no corazón e na alma. Contigo medrou o que é sermos uns auténticos cidadáns responsábeis do que é o NÓS comunitario. Xa podíamos aprender de ti un moito de civismo e creación colectiva democrática e de respecto polos dereitos humanos, a defensa da muller,os senti-pensamentos do diferente, do emigrante, do pobre, do discapcitado, etc.

Canto aprendín de ti do que é pasar polos sitios e países recollendo o mellor de cada persoa e de cada cultura. O cariño que comunicabas por Uruguai! Inda onte lle falei de ti a un home novo que está no cárcere de Teixeiro por ter un deses "delitos" de ser "un ilegal" porque lle faltaba un papel que le deberan ter dado a tempo pero non llo deron. E faleille do seu país de cousas que ti me tiñas contado. Emocionouse. A tenrura positiva era a que copiei de ti. As palabras eran miñas, pero o corazón era de Ofelia e de Tere e de Tolín e da túa neta. E así llo fixen saber. Na próxima semana volvereille falar de vós. Vaise volver a emocionar, pero sentirase querido e comprendido máis alá da inxustiza que está a sufrir por ser outro pobre do mundo atrapado por leis e burocracias.

Ofelia! Inmensa Ofelia! Grazas pola túa vida. Bicos, amiga. Para ti, para todosos teus, para Areosa, para Piñeiros, para...?

Non! Narón non sería igual sen ti. E Piñeiros, moito menos. E nós, todos nós, teriamos eivas que así non temos, porque ti soubeches pórlles remedios. Grazas!

E sabes unha cousa? Querémosche, Ofelia. "Sen que a morte nos separe". Xa nos veremos. Uniunos esa fe e esa esperanza.GRAZAS POR TODO!
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES