Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Vicente Couce Ferreira

martes, 08 de noviembre de 2022
Únome de corazón á vida, obra e loita obreira e humanitaria
deste compañeiro de curso e de colaboración mutua
en tantos momentos ben difíciles que a todo Ferrolterra
e mesmo a toda España nos tocou vivir nesa traxectoria
da Longa Noite de Pedra, como dixo o poeta.
Fun o seu sucesor en Santa Mariña do Vilar
e sei do seu grandísimo labor en cada casa e con cada persoa.
E en todo Ferrol, dado que a súa relación era moi ampla
por ser el do Ferrol de toda a súa vida.
Onte mesmo foron varias as persoas quen, a
o teren a noticia, me chamaron chorando
como unha forma de expresar a dó e a súa emoción agradecida.
Porque Vicente na súa humanidade, discreción e humildade
non só estivo entregado de cheo ao movemento obreiro, como tal,
senón que desde os anciáns até os meniños e rapaces
todas e todos foron a súa preocupación de atención e achegamento.
E, asemade, todos os pobres e empobrecidos,
maltratados, eivados e non valorados.
Pero todo o facía en silencio e silandeiramente.
E vaia se chegou e acertou na súa doazón e entrega total!.
Por ser auténtico e coerente deu co se ser no cárcere de Zamora
ao que o réxime deu en chamarlle "A Concordataria".
Acompañamos, no posível, aos seus pais daquela xa velliños.
Máis tarde, Elvira Souto Presedo e Xosé Lois Paredes Ríos
poden testemuñar como se moveu naquel dez de agosto de 1975
cando a morte a tiros de Moncho Reboiras pola policía
na "Calle" da Terra, como se lle dicía daquela.
El primeiramente, coa axuda de Cuco Ruíz de Cortázar e outra xente,
salváronos da morte, xogando a súa propia vida.
O risco foi total. E sei ben do que estou a falar.
Ben merece unha rúa ou un monólito que perpetúe
a súa memoria agradecida entre nós.
Pode ser por Santa Mariña, tal vez,
incluso no mesmo Parque Xosé Chao Rego,
onde ambos partillaron tanto tempo unha realidade común,
cada un desde ámbitos distintos, pero confluíntes.
Gratitude inmensa, persoal e comunitaria, sen excepcións,
para ti, amigo Vicente Couce Ferreira.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES