Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lectura

miércoles, 03 de diciembre de 2008
Resulta axiomática a importancia que a lectura ten na formación intelectual e cívica da persoa; a tal punto que esta evidencia lle fixo decir a Nicolás de Avellaneda, xornalista e político arxentino da segunda metade do século XIX: “cando escoito decir que un home ten o hábito da lectura, estou predisposto a pensar ben de él”.

Está universalmente aceptado que a lectura é a porta á cultura: efectivamente pode asegurarse que sen aquela difícilmente se produce o acceso a ésta; daí que as institucións que na nosa sociedade teñen responsabilidades neste eido se apliquen en artellar formas polas que achegar á cidadanía esa convicción e consecuentemente esa práctica.

Supoñemos que nese marco se situaba a iniciativa do concello de Foz coa organización do Maratón de 24 horas de Lectura que durante varios anos se víu celebrando arredor do
Día do Libro; unha efeméride que, polo habitual, xa esperábamos, pero que nesta ocasión (obviamente era polo mes de abril), non o houbo. Non coñecemos as causas que aconsellaron retiralo da programación, porque nada se dixo ó respecto ¿Cansancio? ¿Falta de interese nos posibles lectores? Retirouse, e punto…

Unha interesante forma de promoción é a través dos “clubes de lectura”, que na nosa bisbarra veñen funcionando en varias localidades; posiblemente sexa ésta unha modalidade mais efectiva que o “maratón”, ó engadir aspectos transcendentais na técnica e aproveitamento da didáctica do feito de ler: nel se xuntan un grupo de persoas que len un libro ó mesmo tempo na súa casa para logo na xuntaza, semanal por exemplo, coa participación de un moderador, comentar o lido producíndose o contraste de opinións sobre o estilo literario, a acción, os personaxes… que deriva moitas veces hacia outras consideracións, porque “quen le moitos libros e non pensa nada sobre eles, é unha estantería”. Dous son fundamentalmente os alicientes desta modalidade: a lectura persoal e íntima por unha banda e a posibilidade de compartir esa lectura con outras persoas pola outra; é, en definitiva, as ventaxes do “traballo en equipo”, ó que lamentablemente somos pouco dados.

Alguen dixo que analfabeto non é aquel que non sabe ler; analfabeto é aquel que sabendo ler, non o fai.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Matrimonios de conveniencia: O matrimonio libre entre dúas persoas, legal e materialmente, é o froito dun...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información