Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As virtudes do pescado

jueves, 11 de diciembre de 2008
Fomos unha potencia en pesca e seguímolo sendo, a pesar que na Galicia do interior o tema non ten callado o suficiente, como se non funcionase unha ósmose social que permitise a interrelación entre a montaña e os vales do interior coa ampla franxa costeira da Galicia exterior.

En tempos, nas montañas de Pedrafita existía unha enfermidade de bocio carencial, derivado de xeito especial da falta de yodo e polo escaso ou nulo consumo que nestas terras se facía do pescado fresco. Moito se ten avanzado nas últimas décadas, pero pensemos que esto aínda se daba a mediados dos anos setenta.

As dietas atlánticas, especialmente baseadas no pescado, non tiveron a difusión e o respaldo da chamada “dieta mediterránea”, aínda que as súas bondades son cando menos as mesmas.

Vense de celebrar en Vigo unha reunión internacional sobre “La alimentación y la nutrición en el siglo XXI”, onde se puxeron de manifesto as especiais características da dieta galega e do pescado, resumindo o Dr. Aniceto Charro (Ver www.galegos.info) estas vantaxes en que “as mulleres embarazadas que consumen racións de pescado, dan a luz a bebés cun maior desenvolvemento intelectual, mellor adaptabilidade social e maior capacidade de visión”.

A razón está, segundo o prestixioso doutor galego, nos ácidos grasos Omega 3, dos pescados e mariscos, que contribúen a frear os procesos dexenerativos e de envellecemento, amén doutros problemas de primeira orde para a nosa saúde.

Velaquí un tema de importancia primordial para a nosa saúde, para a nosa alimentación, para a economía e para a vida, que merece a atención de varios departamentos da Xunta de Galicia e -conxuntamente- emprender campañas de divulgación e mentalización en orde ó maior consumo e valoración do noso peixe.

Moito hai que facer neste campo, onde todo está predisposto ó noso favor e onde nunca se nos chamou a participar cando só beneficios se poden agardar dunha acción decidida da Administración e empresas implicadas, no que pode e debe participar toda a sociedade galega.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES