Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mercar e Vender

viernes, 12 de diciembre de 2008
Sempre supuxemos que Galicia era un país tremendamente subsidiado, mercando no exterior os produtos de primeira necesidade, obtendo somente das producións propias os elementos indispensables para a subsistencia, pero algunhas veces as realidades impóñense ás crenzas, e as cifras -frías sempre- reflicten exactamente a realidade da situación.

Hai tres autonomías en España que venden máis do que mercan ó resto das comunidades. A primeira, Cataluña. A segunda, o País Vasco. E a terceira -ou a segunda- Galicia, cun superavit, o mesmo que o país Vasco, de 6.097 millóns de euros.

Ninguén fóra dos especialistas, coidaba que fose realidade unha situación así, xa que resulta que das súas producións propias, Galicia consome arredor dun trinta por cento, vende fóra das fronteiras hispanas algo máis dun vintesete por cento, e vende ó resto das comunidades case un corenta e dous.

Dende 1995, Galicia ten un saldo positivo no comercio co resto das comunidades españolas, tendo medrado paulatinamente este saldo ata chegar a máis de seis mil millóns de euros favorable no ano dous mil seis, último do que se teñen datos.

Os maiores clientes de Galicia son Madrid, Castela-León e Asturias, e os maiores proveedores Cataluña, Castela-León e Madrid.

Velaquí as cifras que teñen que servir, ademáis de para coñecer a nosa situación, para valorar mellor e valorarnos o noso papel como produtores de bens e servizos que os demais mercan, por calidade, por precio ou por puro dominio do mercado.

Está ben coñecer as situacións, polo mal e polo ben. Neste caso, porque parece que Galicia está no bo camiño, alomenos nos últimos doce anos nos que se mantén en lugar preeminente entre as súas iguais no que respecta a producir, vender e mercar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

A bolsa para quen a traballa: Todos podemos ter a tentación nun momento determinado de investir en bolsa ...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania
Ourente Cultural