Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sacerdotes? Para que comunidades? Para que igrexa? Para que mundo? (1)

jueves, 16 de febrero de 2023
"Cando non podemos cambiar as circunstancias,
podemos cambiar a nosa maneira de enfrontarnos a elas".

(Viktor Frankl).

1. Sacerdotes en crise? Para que comunidades? Para que igrexa? Para que mundo?
O meu reino non é deste voso sistema nin desta vosa mundanidade.
"Si. Eu era alí un estraño, un bicho raro chovido doutro mundo. Eu non tiña nada que ver con todos aqueles homes que ían no tren. Debo ser unha pantasma, dino todos, todos". "Esta dedicatoria é para vós, porque sodes os únicos que podedes comprender que estas páxinas non son froito da imaxinación." (1)

Estamos nun mundo en crise. Nun contexto moi profundo de cambio psico-socio-económico e cultural. E relixioso! E o clero, os relixiosos e os laicos, experimentamos de maneira destacada as contradicións que se abren entre unha sociedade en transformación e a herdanza relixiosa recibida. E transferimos á linguaxe eclesial parte dos dilemas da época (2).

A actual crise do sacerdocio na igrexa católica é ben coñecida. E cantos esforzos se fixeron ata agora en círculos oficiais para intentar superala foron ineficaces.
Os problemas relativos á escaseza de sacerdotes, ás comunidades sen eucaristía, ao celibato, á ordenación de mulleres, etc., determinan en gran medidaa grave situación á que nos referimos aínda que non exclusivamente. (3)

Pero o problema é moito máis fondo. E estrutural. E vén de lonxe. Diriamos que é e debería ser unha unha constante: revisión permanente da realidade e da temporalidade. Ecclesia reformata, semper reformanda secundum verbum Dei" (?).
Cando xa tiña este artigo acabado aparece en VIDA NUEVA un número, case monográfico, que vale a pena reseñar e, se é posíbel, ler demoradamente. Pois velaquí unha achega ao seu editorial e algún artigo máis.

"Seminarios sen aditivos". A noticia é esta: "Nestes días arranca en España a visita canónica aos seminarios encargada polo Papa e que levarán a cabo dous bispos uruguaios con ampla experiencia en materia de formación e acompañamento. Serán eles os encargados de auditaren as fortalezas e debilidades tanto dos centros diocesanos coma dos pertencentes ao Camiño Catecumenal e ao Opus Dei".

Concretan máis: "Importa en Roma a marca ou selo que están a recibir e non co ánimo de promover sacerdotes ao estilo do Papa do momento, senón presbíteros que se identifiquen sen aditivos nin colorantes con Xesús o Bo Pastor".

E engaden unha advertencia ouaviso preventivo para quen teña a tentación de prexulgalos de antemán. "E esteamos de acordo ou non con estes "acentos da casa", nestes intres, nos seminarios podes anainar e adurmiñar ou deconstruír".

E, contra do que podemos pensar, non é nova nin a preocupación nin os intentos da abordaxe do problema aínda que de novo se aparte para a beira. Facer algo para seguir nas mesmas. "Xa no 1989 Xoán Paulo II perfilou o horizonte coa posta en marcha do seminario interdiocesano de Barcelona que enriquece a madureza desde o contacto coa diversidade".

Existe unha fonda preocupación nos entendidos e na propia igrexa a nivel universal. "Hai unha nova xeración de sacerdotes nos que se albisca en non poucos casos certa querenza nostálxica preconciliar no litúrxico, que non sería problema se fose reflexo dunha beleza ascética. Porén, en non poucos casos, déixase ver unha rixidez clerical ideoloxizada que concentra o seu facer e ser como ministro sacramental deixando de lado a súa vocación e misión como cura que pastorea unha comunidade de crentes á que acompaña e da é acompañado". (4)

O tema que se me encargou foisobre a persoa do sacerdote fundamentalmente do clero diocesano ou secular, célibe, con cargo pastoral, en activo ou xa xubilado e que está en crise existencial. Por tanto non vai ser tratado nesta breve achega a tan necesaria e imprescindíbel dunha auténtica "espiritualidade do sacerdote secular" que non é copia da do monacato nin dos relixiosos. Senón da "autonomía do secular" e das realidades temporais. Iso merece un tratado de eclesioloxía e pastoral, do espírito da de Prat i Pons (5). Tampouco entrareino necesario acceso da muller ao sacerdocio, nin dos diaconados. Curas casados? Tarde piaches, díxolle o Sr. D. Quixote a Sancho Inverter os termos: Casados, home ou muller, a familia ou a comunidade enteira verdadeiros servidores da vida cristiá? Non prexulgo. Só me fago eco do que se fala no mundo. Cada tema deses merece unha monografía de especialistas.

2. Que hai crise sacerdotal moi gonda é incuestionábel.
E esa crise persoal forma parte da crise da igrexa na súa totalidade e do mundo enteiro. Que dimensións alcanza? Xa non é só de persoas. Os especialistas falan de crise sistémica cando se fai referencia a unhacrise estrutural e profunda.Pero hai neste casoun diagnóstico serio xa elaborado sobre ela?A crise é só dos curas?

3. Interrogantes e cuestionamentos persoais moi serios.
Que sentido ten a miña "entrega"? Quen hipoteca as nosas vidas? Realmente de quen somos servidores? Somos seres 'rebaixados' na "autorrealización" da propia persoa e infantilizados? E que hai deses procesos vocacionais de dubidosa orientación? Que formadores ou "deformadores" orientan as nosas vidas? Somos, logo e despois, cegos guiando outros cegos? Vivimos na estratosfera dunha realidade imaxinaria, distante, non existente ecreada por nós mesmos? Que sacerdotes para que Igrexa? Que igrexa para que mundo? Etc.

Pregunta máis un neno do que responde un sabio. Pero as preguntas seguen aí agardando solucións. E non vale fuxir.

Este artigo por tanto vai ser para pór en común moitas das miñas propias preguntas, das miñas rabias, e dos meus grandes desexos de que moitas cousas fosen doutra maneira. Esas cuestións a min chéganme en carne viva desde o meu propio mundo no que vivo e habito. E tamén se formulan polos compañeiros que coñezo e sei dos seus problemas. Tamén de auténticos dramas humanos moi complexos. E quero supor que son problemas de Igrexa, por seren problemas que afectan ás persoas concretas, é dicir, a Cristo, no hoxe e no aquí.

Panorama negativo, triste, pesimista? Nesgado? Non obxectivo? Non prexulguemos. Son así os elementos recollidos de diversas fontes escritas e orais de quen viven a realidade da Igrexa coma nós e que se doen dos seus curas.

Hai xente a alegrarse do fracaso do cura? Pois pode ser certo. Pero non cambia o problema. Eses tampouco se doendos problemas dos outros colectivos sociais. Nin máis nin menos. É así.Ese o camiño que vou seguir: Analizar con paz.


NOTAS:
1. JOSÉ LUÍS MARTÍN DESCALZO, Un cura se confiesa, SIGUEME, Salamanca 1957, pp. 14-15.
2. RAFAEL RUIZ ANDRÉS, La crisis de los sacerdotes y religiosos (1965-1972): reflejo y factor del proceso de secularización en España. Hispania Sacra, https://doi.org/10.3989/hs.2021.022
3. HERBERT HAAG, ¿Qué Iglesia quería Jesús?, Herder, Barcelona 1998.
4. Revista Vida Nueva, "Seminaristas sen aditivos", Revista 3.301, 13-01-2023. Número especial dedicado aos seminarios.
5. RAMÓN PRAT I PONS, Teoloxía Pastoral. Compartir la alegría de la fe, Secretariado Trinitario, Salamanca 2019.

Xaquín Campo Freire é Licenciado en Teoloxía Pastoral Sanitaria e ATS-DUE.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES