Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lotería nacional

miércoles, 24 de diciembre de 2008
Desde que Carlos III, o mellor alcalde de Madrid e xenial negociante das cousas públicas, inventou a Lotería Nacional, os españoles fiamos da sorte e non do traballo as nosas felicidades.
E seguindo o exemplo da nai patria, outras nacións sudamericanas importaron a fórmula e tamén contribúen ó vicio do xogo nacional coa disculpa de que calquera pode ser millonario.
Todo o ano é Nadal a efectos de sorteos, pero este que vimos de superar máis o do Neno son os que se levan a palma, a pesar de que segundo os entendidos as probabilidades deste gran sorteo nadaleiro son moito menores que as de calquera sorteo semanal.
É, certamente, un xeito de xustiza distributiva o que aleatoriamente aplica este soberano sorteo que manexa miles de millóns de euros coa alegría do que non lle doe, e con cega imprecisión entrega os seus favores a calquera coa única condición de posuir un deses talóns ó portador que veñen ser os décimos premiados.
Quen mellor partido saca deste sistema é a Facenda pública que percibe cuantiosos fondos fomentando o que en definitiva é un vicio que mesmo ten nome técnico –Ludopatía– e está considerado case como unha droga dura.
Comprar lotería é unha compulsión irrefrenable fomentada por todos coa protección estatal, dun xeito tal que se nos parásemos a pensar do mesmo xeito que hai unha fiscalía anticorrupción e outra contra da droga, deberíamos dispor duna Fiscalía contra o xogo que tería que enxuizar a todo un sistema despois de analisar detidamente o proceso dos xogos de azar que o Estado promove.
Quizais se en lugar de quedar á parte dos premios tivésemos sido bendecidos pola sorte escribiríamos esta editorial dun xeito diferente; xa se sabe que cada quen fala dos temas segundo lle afectan. Pero recoñezan que, ben pensado, esta fiebre xogadora que nos aqueixa en maior medida canto máis crise hai, outros países súplena con traballo e con aforro. Disfrutarán menos, pero progresan máis.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES