Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sacerdotes? Para que comunidades? Para que igrexa? Para que mundo? (5)

jueves, 09 de marzo de 2023
15.- E o amor? Ai o amor! Témoslle medo ao amor humano! Que grande e tan maltratado!
O máis grande que temos as persoas en todo universo relacional é a afectividade! Que grande o Libro do Cantar dos Cantares. Que fermosa toda a literatura xoánica e a 1ª Cor XIII de Paulo de Tarsono Novo testamento E que dicir de Xesús de Nazaré? E puxemos nós no canto do Deus e do amor compasivo?: Moralismos, legalismos, medidas e tarifas con controladores. Crises de profunda soidade. Para que estou aquí?. A quen servimos? Que se fixo do Vat. II? Non hai vida cristiá sen comunidades? Onde vai a posibilidade do entusiasmo: "Deus consigo"? Que axiña se esquece o Ano Santo da Misericodia.
Vexamos un relato dun sacerdote no intre de ser ordenado.
- Xosé, xa levas un tempo de sacerdote. "Segues sendo feliz?"
- "Suma todas as alegrías humanas: o descubrimento do amor, matrimonio, fillos, éxitos, premios, trunfos humanos, festas? Pois agora xunta todo iso e ponte a ti mesmo/a enriba de todo o acugulado e mira lonxe. Quizais se perciba en algures un afastado resplandor do que é unha ordenación sacerdotal: Son feliz!".
- Vexo a Xosé que se vai afastando. Ollo cara el e percibo a súa alegría e a súa xuventude. Vinte e tres anos! Vai cheo de ilusión e alegría para facerse cargo dunha parroquiña humilde e pequechiña. Comprenderano os aldeáns? 1´"
Pero ollo a isto cando xa pasado algún tempo.: "Un ideal moi forte está na orixe da ordenación sacerdotal, pero pasado un certo tempo, cando o idealxa se enfronta a outros valores e outras realidades que o contradín, o sacerdote acaba crendo que o perdeu todo. Un único ideal (de pureza, de impecabilidade, de ofrenda a Deus...) vólvese despótico se non é compensado por outros ideais. Sobre todo cando o absoluto é acentuado polos fieis que delegan non cura unha perfección inasumíbel" "A dimensión dos valores é un punto forte do ministerio, pero hai que calibrala con realismo e humor."
Tal vez pasa o mesmo no matrimonio?

16.- A Soidade: "O sacerdote séntese só, porque realmente está só. A soidade do sacerdote, neste sistema de vida, é inevitábel. Outra cousa é que se viva mal".
Quizá ninguén a reflexa tan acertadamente coma Michel Quoist, este místico francés dos anos cincuenta en adiante a que tanto debemos. Un testemuño vale máis do que teorías desde fóra: "Sacerdote: Oración do domingo pola tarde"
1ª. Exposición do problema cunha radical sinceridade:
"Os cristiáns son moi exixentes cos seus sacerdotes. E fan ben. Pero non poden imaxinar o duro que é ser sacerdote. Quen deu un paso ao fronte con toda xenerosidade aos 24 anos, segue a ser un home. E non hai día en que o home, que segue vivo dentro del, non intente recuperar o que un día entregou aos demais.
É unha loita continua por permanecer dispoñíbel a favor de Cristo e do próximo.
O sacerdote non necesita cumpridos ou agasallos complicados. Ten en cambio necesidade de que os cristiáns, a quen está a atender, lle amosen..., que el non ofreceu a súa vida en vano.
E porque segue a ser home, pode tamén algunha vez ter necesidade dun xesto delicado de amizade desinteresada..., por exemplo, nesas tardes de domingo nas que se atopa só".
2ª. "Oración sobre esa vivencia: "Esta tarde, Señor estou só. Pouco a pouco os ruídos na igrexa foron calando. Os fieis xa se foron. E eu volvo á casa só. Crucei cunha parella que xa volvían do seu paseo. Pasei diante do cine de onde saían montóns de xente. Bordeei as terrazas dos cafés onde os paseantes cansos intentaban estirar a felicidade do domingo festivo. Topei cos picariños que brincaban nas beirarrúas. Eses nenos, sempre dos outros, que endexamais serán os meus.
E aquí me tés, Señor, só. O silencio é amargo e a soidade apláname, abáteme, desanímame".
Segue a oración facendo un repaso da súa vida: "Señor, teño 35 anos, un corpo feito coma o dos demais, uns brazos xovens que serven para o traballo, un corazón destinado ao amor".
Unha alma que na soidade se sincera con Deus: "Deicho todo, Señor! Pero non é doado. É duro dar o propio corpo cando el quería entregarse aos outros. É duro: amar a todos sen reservarse a ninguén; estreitar unha man sen querer retela; facer unha caricia tan só para darcha a ti; ser nada para un mesmo, para ser para todos; ser coma os outros, estar entre os outros pero ser outro; dar sempre sen esperara paga; ir sempre diante dos demais sen que nunca ninguén vaia diante de un; sufrir os pecados alleos, sen poder refusalos e ter que levalos ás costas; recibir segredos sen poder compartilos; tirar dos demais e que, nin por un intre, alguén tire un pouquiño de un mesmo; soster aos débiles sen poder apoiarse un mesmo en ninguén. É duro! É duro estar só. Só, ante todos. Só, no mundo. Só, ante o sufrimento, ante a morte, ante o pecado. Só!"
Salaios sinceros dun profeta que con respecto lle pasa contas a Deus: Señor, neste serán, mentres todo cala, e o meu corazón sente "a amargura das trabadas da soidade; mentres o meu corpo ouvea e berra longamente a súa fame escura; mentres os homes me devoran a alma e eu me sento impotente para darlles fartura; mentres nas miñas costas pesa o mundo enteiro con toda a súa carga de miseria e pecado e che volvo a repetir o meu si, xa non con plenitude de entusiasmo, senón lenta, lúcida e humildemente, Señor, ante Ti, na paz da tarde. Pero estou estou moi só, Señor.
Súplica humilde: Concédeme ser terra de encontro. Pero só terra de paso. Camiño, que non conduza a si mesmo, que non fique en si mesmo, sen saída. Ser camiño sen adornos humanos, senón camiño que leve a Ti, Señor”. 2

17.- O demonio meridiano.
Concepto descritivo: "Enfermidade que cuestiona de maneira inmisericorde as nosas realizacións anteriores, tanto persoais coma sociais. Produce unha certa nostalxia ou añoranza insá dos "anos perdidos", culpabiliza sistemáticamente aos demais, externalizando inxenuamente as culpas (o sistema, a sociedade de consumo, a política...), considera que os obxectivos nos que cremos son irrealizábeis, esquece o espesor da realidade e propón a cambio mundos ideais e fantasías adolescentes (con meirande capacidade de atracción nun mundo xuvenilizado en todos os sectores), e planea o cambio continuo de actividades, relacións e situacións para escapar da realidade e do presente que non nos agrada". 3
Esta crise vense a dar nos varóns de mediana idade: Coa andropausia, (a veces, xa antes),e tamén dentro do estado matrimonial e nos solteiros. E, xa que logo, no mundo dos relixiosos, nos que non é menos problemática a soidade e a perda de sentido, valoración e utilidade do que se está a facer. Todo se pon e entra en cuestión profunda: "A miña vida non foi toda ela un fracaso soberano? Non fun un utilizado toda a vida?
Perigo: "Querer recuperar o tempo perdido cara atrás". Volver a unha adolescencia, trasnoitada en moitos campos da existencia, incluída a sexualidade e a afectividade ou os abandonos e conflitos de familia. Escapar de responsabilidades. É o momento das grandes "parvadas" sen xeito: "E volveuse tolo!" "Non é ben do seu tempo". "Volveuse coma un pícaro", etc. Dicimos a xente entre nós. E ri-moslle as grazas.
Pero o acompañamento e relación de axuda: empática, con consideración positiva e aceptación incondicional e con autenticidade, da que nos fala C. Rogers? Diso, quen?

18.- Problemas de alcohol: "Impresiona a superficialidade coa que se trata e se maltrata ás persoas que "beben". Entre elas tamén están moitos sacerdotes". Sospeitas, persecución, chanzas, desprezos. Non gostan do alcohol en si. Buscan o anestésico rápido para apagar o pouco "eu" que teñen ou lles fica nas crises agudas ou xa cronificadas.
Fala un especialista: "Sacerdotes que beben por seren depresivos ou que se deprimen. Úsano para enfrontarse, para sentírense máis seguros de si mesmos e ter forzas para saír aos problemas. Logo xa se converte en dependencia física e psicolóxica. E hai outros casos de tipo psiquiátrico: o disociado-esquizoides, de moi difícil atención pola súa soidade, incoherencias e mesmo pola falta de realismo nas relacións humanas nas que el mesmo se mete e crea os problemas aos que, por suposto, non dá solucións axeitadas nin aos creados por el mesmo, nin aos que lle crean os outros nin os aos verdadeiros problemas no evoluír diario da vida. Tamén están os hipomaníacos, os de ansiedades fóbicas, os de problemas prepsicóticosetc. A intervención terapéutica debe ser específica: 1º Un bó diagnóstico. 2º. Enterrar con piedade aquilo morto. Coidar o iincurábel. Conservar e estimular o san." 4
Merecen atención aparte os sacerdotes queimados e a súa acedía, tedio da vida ou tristeza espiritual da que nos fala Francisco. (5 Que ben define Francisco esta síndrome: "Chamados para iluminar e comunicar vida, acaban por se deixar cativar por cousas que só xeran escuridade e cansazo interior e corroen o dinamismo apostólico. Unha das tentacións máis serias que sufoca o fervor e a ousadía é a sensaciónde derrota que nos transforma en pesimistas lamurentos e desencantados, con cara de vinagre. Ninguén pode emprender unha loita, se de antemán non está plenamente confiado no triunfo. Quen comeza sen confianza, perdeu de antemán metade da batalla e enterra os seus talentos. Desenvólvese a psicoloxía do túmulo, que pouco a pouco transforma os cristiáns en momias de museo. Desilusionados coaa realidade, coa Igrexa ou consigo mesmos, viven constantemente tentados a apegarse a unha tristeza melosa, sen esperanza, que se apodera do corazón como «o mais precioso elixir do demonio». Así se xera a maior ameaza, que «é o pragmatismo cincento da vida cotiá da Igrexa, no que aparentemente todo procede dentro da normalidade, mas na realidade, a fe vaise deteriorando e dexenerando na mesquindade». Por todo isto, permitide que insista: Non deixemos que nos rouben a alegría da evangelización!".
E segue o Papa: "Outros caen na acedía por non saberen esperar e quereren dominar o ritmo da vida. O inmediatismo ansioso destes tempos fai que os eventos pastorais no toleren facilmenteo que signifique algunha contradición, un aparente fracaso, unha crítica, unha cruz".
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES