Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sacerdotes? Para que comunidades? Para que igrexa? Para que mundo? (6)

lunes, 13 de marzo de 2023
19.- CONSECUENCIAS: DESCONCERTO. DECEPCIÓN. EVASIÓN. FUXIDAS. RUTINA. RITOS BALEIROS.:
Datos reais: Porén a IGREXA en xeral,todos os crentes e o pobo de Deus, escapan e fan consideracións que non abarcan todo o fondo das persoas e non queren entrar nin chegar á amplitude da situación estrutural segundo a Teoría científica Xeral dos Sistemas, nos que estamos inmersos e que son tan diversos que mesmo poden ser devoradores e incoherentes: "Os sistemas son abertos. Iso significa que teñen un intercambio coas súas contornas que tamén son sistemas e subsistemas". Non hai unha análise seria e sandante das causas e efectos de toda esa saída masiva de sacerdotes. Por que? Que cambios ou decisións cómpren?
Estamos en crise e, tal vez, aínda só no comezo dela. Isto é certo. Pero con iso non me chega. E as preguntas seguen aí dentro de min e de cada un. E as respostas?
Eu xa vou vello peroquero seguir vivindo en esperanza, da que teño que dar razón "a todo aquel, aquela, "que nos pida explicacións", (1ª Ped. 3,15). E quero asentar sobre alicerces basais, fondos e seguros, como home en procura do auténtico sentido da autorrealización, nese proceso continuo de converterme en persoa, como nos sinalan os diversos autores na psicoloxía humanista e positiva.
O por que das secularizacións masivas despois do concilio? E por que o Vaticano, tan pechado a todo cambio, aceptou relativamente axiñaacceder ás secularizacións?: “Redución ao estado laical? Non soa a un duplo desprezo: 1º: Reducir? 2º. É ese o concepto do estado laical? Pois eu nin quero ser "reducido a nada"; e refugo esa teoloxía do sacerdocio bautismal: o estado laical. Eu até os 26 anos fun laico. E non sabía que fose tan mesquiño! Xa sei que o novo Código de Dereito Canónico e o Catecismo da Igrexa Católica, nos chaman varias veces: Súbditos!Por ex. no C. 136. Non me casa co Evanxeo. Xesús nunca chamou súbdito a ninguén.
E que trato lle estamos a dar a todas as esposas dos nosos compañeiros secularizados tanto como persoas ou desde a institución? Queremos logo que as esposas, os seus fillos e familiares teñan unha estimanza positiva da Igrexa a que serviron de corazón?
Por que as Conferencias Episcopais, todas elas, e cada bispo na diocese, os vicarios xudiciais, etc., non se propuxeron aínda hoxe facer nunca un estudo serio a nivel de toda a igrexa desta problemática á que "como empresa" se lle van os mellores efectivos? Se non se chega as etioloxías, cunha verdadeira e completa Historia Clínica, mal se poden facer diagnósticos acertados e moito menos se chega a aplicar terapias eficaces e adecuadas que fagan realidade a salvación total das persoas 'en situación'. Só recorremos ao simplismo facilón de culpabilizar aos individuos.
Para problemas complexos e multietiolóxicos non serven solucións simples e moito menos simplistas.

20.- E A CUESTIÓN DO CELIBATO. Só como "sexualidade", reducida a exclusivas pulsións fisiolóxicas gonadais coma se de irracionais se tratase? Ou é que a crise é aínda máis fonda? «O celibato é custoso: non tanto pola privación da vida sexual, senón porque falta unha esposa que acolla ao sacerdote na súa fraxilidade e no carácter do limitado, do imperfecto». «É necesaria unha grande disciplina de vida para custodiar o celibato».Non hai vida humana nin cristiá sen comunidades.
Non podemos medrar sen grupos que acollan e que nos poidan axudar a todos e cada un/unha a vérmonos valorados e ben proxectado con achegas acertadas e eficaces.
E os proxectos de vida familiar e afectiva, por que están en contradición co ser sacerdote. Casadas/os sacerdotes para a comunidade? Se hai vida cristiá con comunidades vivas, por que o sacerdote non sae das mesmas comunidades, sexa home, muller ou mesmo o matrimonio?
A crise non é so persoal, E tamén institucional e estrutural. Na EvangeliiGaudium o Papa fala da urxencia da conversión estrutural.
É só da igrexa, das igrexas ou é un cambio social xeneralizado? Estamos xa noutro mundo e cultura con cambio profundo. E chegamos a el demorados ou xa é tarde?

21.- NON VOU ENTRAR NO PROBLEMA DA PEDERASTIA.
E non o fago por escapar del. Non. É moi complexo, multidisciplinar e especializado. Pero está aí. Ben estendido, de sempre e nos diversos ambientes e relacións. Tamén nos sacerdotes. Penso que aínda se está nos inicios do "destape". Hai que tratalo monograficamente.
Só unha consideración pastoral e de urxencia.
Primeiro son as vítimas que sufriron os abusos. Sen ningunha discusión. Sen ningunha excepción. Pero como actuarmos eficazmente sobre todo na prevención, a nivel de persoa e a tempo?
Pero todo iso non obsta para estudarmos en serio como tratar tamén aos abusadores. Seguen a seren aínda e tamén persoas a rehabilitar? Xesús de Nazaré faríalles caso? Como?
“Xesús oíuno e díxolle«Nonteñen necesidade de médico os sans, senón os enfermos. Andade, aprendede o que significa «Misericordia quero e non sacrificio». «Que non vin chamar a xustos senón a pecadores». (Mt. 9, 12-13).
E esa posíbel reinserción, non terá de pasar máis por unha xustiza restaurativa con acompañamentos pertinentes e cualificados? Ou solucionamos todo con illamentos e crueldades vindicativas? Que podrezan no cárcere!
A min, que levo catorce anos no voluntariado dentro das prisións non me serve a política fácil e escapista do chivo expiatorio: con matalo a el, xa todos somos xustos: eu, o xusto, estou deste lado. E "eses", á forca! Eu penso máis na parábola de Nouwen: El Sanador herido. Tamén eu son vulnerábel!
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES