Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De novo, o novo Estatuto

lunes, 29 de diciembre de 2008
Ven sendo un tema recurrente o do novo estatuto de Autonomía para Galicia, que non foi posible nesta lexislatura que agora está a rematar e se agarda que poida ser comodamente abordado na próxima que ten xa data de comezo coas eleccións do próximo primeiro de marzo.

Ata agora valeunos o xa histórico Estatuto de 1981, que en Galicia foi recibido cunha certa frialdade por falta de motivación histórica e mesmo por descoñecemento, pero que a fin de contas todos queriamos para manternos alomenos a nivel de igualdade co resto das rexións e nacionalidades do Estado español.

Pois no mesmo estamos vintesete anos despois, xa que se somos alomenos a terceira autonomía histórica tendo en conta os antecedentes máis lonxanos non podemos quedar atrás no momento en que outros territorios contan cun mecanismo avanzado de autogoberno que se para eles é primordial a nós obríganos a seguir camiñando para non ser preteridos.

Con este sentimento de non quedar atrás, os tres grupos políticos representados no Parlamento de Galicia están no consenso de que, unha vez celebradas as eleccións, será o momento de poñerse a dialogar en serio sobre o futuro documento que nos garanta evolución en materia de autogoberno.

Porque o novo documento ten que ser produto do consenso das tres forzas políticas actuais e das que poidan conseguir acceder á representación no Parlamento, para que non sexa un Estatuto contra ninguén senón a favor de todos; a favor de Galicia.

De novo, o novo Estatuto vai ser protagonista. Desta, ten que ser. Tamén nesto as eleccións son vitais para conformar o noso xeito de gobernarnos e de vivir os próximos catro anos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

A bolsa para quen a traballa: Todos podemos ter a tentación nun momento determinado de investir en bolsa ...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania
Ourente Cultural