Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

San Xosé é un nome universal, tanto en lugares coma en tempos: é de todas e de todos

lunes, 20 de marzo de 2023
Polo San Xosé, 19-03-2023.

SAN XOSÉ É UN NOME UNIVERSAL,
TANTO EN LUGARES COMA EN TEMPOS:
É DE TODAS E TODOS

Hoxe, de manciña, vin no móbil: 19 DE MARZO. Día moi importante: SAN XOSÉ!
PAPÁS. AVÓS. XOSÉ, JOSÉ. JOSEFINA. "As PEPITAS" de Ferrol. "Os PEPES" de Vilalba. As "FALLAS", etc.
Mi ma! Cantas efemérides neste día! Non si?
Por certo, dixen para min, debo revisar esta palabra.
Cal é, exactamente, a definición, a etimoloxía e a sinonimia desta verba tan musical: EFEMÉRIDE? Case é un fermoso nome de muller en grego clásico...
"Unha efeméride é un feito relevante para ser lembrado ou conmemorado nun certo día". "O acontecemento notábel e central do que se fai memoria en calquera aniversario." "O memorial diario, de cada día."
E logo aparece unha moi rica sinonimia: cumpreanos, aniversario, onomástica, conmemoración, festa, nacemento, reunión, celebración, suceso, crónica, nova, noticia, etc.
Pois, anda que non teño eu recordos agarimosos para esta data!
E empezastes a desfilar, unha a unha, con nome propio e emocións moi persoais, homes e mulleres, persoas tan benqueridas. Vivas, algunhas de moi poucos días. Outras, moitas e moitos, con tantos anos de vida e loitas, traballos e tarefas, entrega e sobre todo moito amor.
Pechei os ollos da cara, pero non os do corazón.
E viaxei demoradamente polo alén e polo aquén.
Canta gratitude e luminosidade!
Canto amor e esperanza!
Sen présas, fun abrindo novamente os ollos.
E alí apareciches ti. Si. Ti. Persoalmente e sorrinte.
E os dous estabamos moi contentos.
E vin unha "Alba de Groria", coma a de Castelao, pero moi gozosa: "cumpreanos, aniversario, onomástica, conmemoración, festa, nacemento, reunión, celebración, etc.
E vin a D. Xesús Veres Díaz, o cura da miña infancia, defensor dos pobres e amigo dos nenos e nenas.
E a D. Antonio Martínez Villar, o mellor mestre do mundo!
E a Pepe Chao!
E as xentes todas das parroquias e consultorios de saúde por onde eu me movín.
E a tamén vin a Rafael Pillado que non sabía aínda ben se era de aquí ou do alén, polo pouco tempo que pasou desde o pasamento.
E tantas outras.
Memorial para o memorial e celebración. E, tal vez, nin ti nin eu nos chamemos Xosefina ou Xosé.
Pero é un nome tan universal e familiar que nos afecta a todas e todos: Elenita, Mar, Pepe, Finola, Manolo, Casilda, Bruno, Cordelia, Gabriel, Enrique, e...
E ademais, non hai casa onde non teñamos un avó, solteiro, viúvo ou casado. Ou un pai ao que lle dicimos: xa empezas a ser maior, etc.
Si. Hoxe, estás ti aí! Con nome propio, con amor persoal, e tantas efemérides que matizaron as nosas vidas en común e que hoxe celebramos:
"En tendo iguais a historia e as feridas, coma a unha irmá, coma a irmán che falo".
Ata a próxima.
E lembra que me debes un detalle: "Pasa, entra, senta, e imos beber xuntos unha auguiña fresca para celebrarmos tantas efemérides: "O memorial diario, de cada día". Dun día máis!
Ah! E non esquezas isto: FELICIDADES! E saudiños pola casa!
Apertas.
Vémonos na Feira!
Xaquín Campo Freire.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES