Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sacerdotes? Para que comunidades? Para que igrexa? Para que mundo? (9)

viernes, 24 de marzo de 2023
29. A XEITO DE CONCLUSIÓN: QUE CURAS PARA QUE IGREXA? QUE IGREXA PARA QUE MUNDO? Unha igrexa que non serve non serve para nada. Ao servizo de que e de quen? Do Reinado de Deus ou dunha corporación "corporativista" vendida ao capitalismo salvaxe, crecente, monopolista, ditatorial que quere, coma sempre, o control exclusivo das conciencias e mesmo a súa suplantación? (Amoris laetitia, nº 37).
E agora veñen aquí algunhas cuestións que se nos están a poñer e facer polas propias persoas, polas comunidades, polo mundo actual. Incluso polo Papa Francisco. E non só desde a relixión católica. A prensa faise eco e non só nin sempre por xenreira, zuna ou ataque. De todos modos cómpre escoitar e analizar.
Urxe unha conversion persoal e estrutural da que nos fala o Papa Francisco na Evangelii Gaudium: Recuperarmos a alegría do Evanxeo. Xa non chega con predicar as conversións persoais, necesarias de todos os puntos vista Ten de ser radical: que vaia á raíz "E esa a conversión é un problema de toda a igrexa e das comunidades non só dos bispos e o seu grupo "escollido".
E novamente preguntamos: Por que en España están a proliferar dous seminarios diocesanos na mesma diocese. Quen está detrás e para que?Por que o secretismo nas decisións sen facer unha consulta a todos os fieis. E logo pídennos insistentemente que enviemos vocacións? Para iso?

30. REGRESEMOS AO FUTURO. HAI UNHA OUTRA CARA DA MOEDA? Por suposto. E non vale meter a cabeza debaixo da ala. Formular en positivo:
"Moitas persoas fican atascadas no sufrimento porque non logran facer as paces co seu pasado. Porén, só podemos cambiar cando somos capaces de volver a vista ao futuro". Sócrates anímanos a deixar de malgastarmos enerxía en culpas e recriminacións por cousas que non podemos solucionar e aprendermos a centrar esa enerxía en construír o futuro que queremos. Os interrogantes están aí. E son inquietantes e molestos. Un problema aceptado e ben planeado xa é o comezo das solucións que poidan aparecer. E daquela si. As respostas son as que se teñen de darse e formularse sempre en positivo.
"Din que a grande enfermidade, (in-firmitas: falta de firmeza), é a falta de fe ou a crise moral que se está a atravesar. Non acredito tal. Temo que a agonizante é a esperanza e as ganas de vivir e loitar. Pero é posíbel ir ao redescubrimento das infinitas zonas luminosas que hai nas xentes e nas cousas que nos rodean. Unha proba ademais de que na aventura humana esas zonas luminosas invitan a alzar os ollos e mirar o futuro con esperanza".
31. HAI UNHA PREGUNTA ESENCIAL PARA UNHA CONVERSIÓN. Primeiro: atender ao chamado á conversión estrutural: "Espero que todas as comunidades se esforcen por actuar os medios necesarios para avanzar no camiño dunha conversión pastoral e misionaria, que non pode deixar as cousas como están. Neste momento, non nos serve unha "simple administración". "Constituamo-nos en "estado permanente de misión",[22] en todas as rexións da terra". (E.G. 25-26). "Paulo VI convidou a alargar o apelo à renovación de modo que resalte, con forza, que non se dirixe só aos individuos, mas à Igrexa enteira. "A Igrexa debe profundar a consciencia de si mesma, meditar sobre o seu propio misterio (...). (...) En consecuencia diso, xurde unha necesidade xenerosa e case impaciente de renovación, isto é, de emenda dos defectos, que aquela consciencia denuncia e rexeita, como se fose un exame interior ao espello do modelo que Cristo nos deixou de Si mesmo".[23]
"O Concilio Vaticano II presentou a conversión eclesial como a abertura a unha reforma permanente de si mesma por fidelidade a Xesús Cristo: A Igrexa peregrina é chamada por Cristo a esta reforma perenne. Como institución humana e terrea, a Igrexa necesita perpetuamente desta reforma». [E.G.24] Hai estruturas eclesiais que poden chegar a condicionar un dinamismo evanxelizador; de igual modo, as boas estruturas serven cando hai unha vida que as anima, sustenta e avalía. Sen vida nova e espírito evanxélico auténtico, sen "fidelidade da Igrexa à propia vocación", toda e calquera nova estrutura corrompese en pouco tempo". A pastoral en chave misionaria esixe o abandono deste cómodo criterio pastoral: sempre se fixo así así". Convido todos a seren ousados e creativos nesta tarefa de repensar os obxectivos, as estruturas, o estilo e os métodos evanxelizadores das respectivas comunidades. (EG,33).
"Espero que todas as comunidades procuren pór os medios necesarios para avanzar no camiño dunha conversión pastoral e misionaria, que non ponde deixar as cosas como están". (E.G.25). Conversión estrutural é camiñar en compañía e en sinodalidade.
A "KENOSE" que nos ensinaron en teoloxía: A palabra ἐκένωσεν (ekénōsen), "Quen sendo de condición divina, non o considerou como algo ao que aferrarse; senón que vaciándose (ekénosen) a si mesmo, tomou forma de servo, facéndose home e foi recoñecido coma un deles...". (Flp. 2,6-), Usa verbo κενόω (kenóō) "vaciar", palabra usada na Biblia. Que na fe cristiá, significa "anonadamento", "vaciamento", "despoxamento", "desapego" ou "desasimento" da alma.
Encarnados segundo Xesús de Nazaré, que puxo a súa tenda nos nosos campamentos: encarnouse en nós, empezando por abaixo.
Sacerdotes obreiros. Foi unha experiencia, controvertida, pero de resultas e valoracións moi positivas. Esta xa era aquela utopía liberadora dos "prêtresouvriers" franceses que fixeron opción polo traballo civil do clero para a liberdade e gratuidade. Limitarse ao seu salario. Viviren en por si. Ser fermento verdadeiro no medio da masa verdadeira: a vida real: "El está no medio de nós", Así responden os fieis na misa en lingua portuguesa.
Encarnarse na realidade co pobo e no resto do tempo seguir a mesma entrega evanxélica en toda a pastoral:gratis o recibín e gratis o realizo.
O tema só está esbozado. É moi amplo e compre moito diálogo, humildade, escoita, comprensión, xenerosidade e oración da de verdade. Unha espiritualidade moi consistente coma do Mestre referencial, Xesús de Nazaré, o Cristo Resucitado e resucitador.
E cando chega un cambio de rumbo? Moito discernimento evanxélico e xenerosidade na entrega.

ADVERTENCIA FINAL:
Un risco sempre real: "Matemos ao mensaxeiro". "Porque quen nos di o que non nos gusta, xa non é noso amigo".
Chesterton era anglicano. E cando entrou nun templo católico descubriu á cabeza, por respecto a un lugar sagrado. E increpárono os seus: "Quito o sombreiro. Pero non me quito a cabeza". Poi iso.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES