Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Parabéns para o noso benquerido e desexado Señor Arcebispo

miércoles, 05 de abril de 2023
Narón, 03-04-2023.

Meu benquerido Sr. Arcebispo, D. Francisco-José Prieto Fernández.

Un bo amigo, xa desde tempos ben cheos de esperanzas.
Desta volta coincidiron o desexo e a profecía.
"O Señor estivo grande connosco e estamos alegres".
E ben contentos!
"Que o Señor te bendiza e te protexa.
Que ilumine o seu rostro sobre ti e che conceda o seu favor.
Que o Señor se fixe sempre en ti e che conceda a paz".

Á Galiza desta volta vénlle o vento de popa
e o rumbo xa está marcado na utopía dos anawin.
No Evanxeo de Lucas:
"O Espírito do Señor está sobre min,
porque me unxiu para traer boas novas aos pobres:
envioume para curar os quebrantados de corazón;
Para proclamar a liberdade aos cativos e a vista aos cegos;
Para liberar o roto:
Para predicar o ano aceptable do Señor.
E enrolando o rollo, deullo ao ministro, e sentou,
e os ollos de todos os que estaban na sinagoga estaban postos nel.
E comezou a dicirlles:
Hoxe cumpriuse esta escritura nos vosos oídos".

Os curas que viñeron de Ourense a Mondoñedo con Monseñor Araújo
sempre tiveron un aquel de bondade, suavidade nas formas
e fortes no compromiso.
Tedes un carisma especial.
Non cansedes nunca de serdes así.
E que dicir de D. Miguel?
Unha graza de Deus en tempos moi difíciles:
Soubo ser e estar. Escoitou moito.
Sufriu abondo. E non perdeu o sorriso.
Foi cando aquilo de Amador e Daniel.
E non torceu a cara. "Resoan as palabras do Sinaí: "NON MATARÁS".
E logo xa todo seguido.
E as súas Pastorais testemuñan a súa radical autenticidade evanxélica.
Por veces, puxémosllo incluso un pouco máis difícil aínda.
Estivo no seu sitio e mantivo a fe.
A del e a de todos nós.

Ánimo, amigo Paco: O Señor está contigo!
E nós un pouquiño tamén.
Verémonos polo cárcere.

Que contento estou! Emocionado! Cré-mo!

Desta volta coincidimos eu e máis o Espírito Santo.
(Chiedo escuse: È una barzelletta divertente scelta per te").
Desculpa o atrevemento en tempos moi apurados para ti.
Unha aperta. E a miña acción de grazas na oración.
Xaquín Campo Freire.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES