Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Enerxía eléctrica

lunes, 09 de febrero de 2009
Para dependencia, a que temos da enerxía eléctrica, sen a que practicamente non podemos facer nada. Sen enerxía eléctrica non hai luz, non hai frio nin calor, moitas veces non hai teléfono, non hai sons, non funcionan os portóns automáticos, quedamos sumidos nunha idade media para a que non estamos preparados.

Este problema só se presenta de cando en cando, pero máis veces do que quixeramos últimamente neste inverno tan repetitivo en canto a problemas. Precisamente para agora mesmo está anunciado un novo ventarrón.

Nas tendas especializadas téñense xa esgotado os xeneradores eléctricos, e avispados portugueses andan a ofrecer polo rural aparatos en venda para solucionar os problemas carenciais que pudieran presentarse.

Aldeas nosas, especialmente no norte da provincia de Lugo, chegaron a estar dez días sen luz eléctrica por culpa da tormenta chamada Klaus, evidenciando falta de reflexos das compañías subministradoras de enerxía.

Fálase de soterramento de liñas, de danos catastróficos, de pouca planificación e lenta resposta. O certo é que non estamos colectivamente preparados para responder diante dunha catástrofe a pesar de coidar que somos o embigo de Occidente, plenamente pertencentes a este mundo civilizado que de repente por un vento forte se mergulla nunha escuridade medieval.

Os gobernantes teñen sen preparar un plan de emerxencia que se poña en marcha no momento en que xurda un problema, plan no que estean implicadas todas as forzas e servizos públicos, incluido o exército, que impidan que á primeira dificultade volvamos a tempos xa esquecidos nos que todo había que fialo á divina providencia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES